O Boeing Model 247 foi un dos primeiros avións de pasaxeiros estadounidenses, considerado o primeiro avión en incorporar completamente avances como a construción semi-monocasco totalmente metálica (aluminio anodizado), unha á totalmente en saínte e un tren de aterraxe retráctil.[1][2] Outras avanzadas características eran controis de superficie de compensación, un piloto automático e limpadores de desxeo nas ás e na deriva.[3]
O 247 realizou o seu primeiro voo o 8 de febreiro de 1933, e entrou en servizo ese mesmo ano.[4] Posteriormente, o desenvolvemento de avións de pasaxeiros levou a motores e fuselaxes maiores, e apareceron os avións de catro motores, pero non houbo cambios significativos na fórmula básica que Boeing aplicou no 247 ata a aparición da cabina presurizada, introducida a principios dos anos 40 no 307 Stratoliner.[4]