Voo 302 de Ethiopian Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 302 de Ethiopian Airlines
Ethiopian Airlines ET-AVJ takeoff from TLV (46461974574).jpg
O 737-8 MAX accidentado
Resumo
Data  10 de marzo de 2019
Causa  baixo investigación
Lugar  Bishoftu, Etiopía
Orixe  aeroporto de Adís Abeba-Bole
Destino  aeroporto Jomo Kenyatta
Finados  157
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737 MAX 8
Operador  Ethiopian Airlines
Rexistro  ET- AVJ
Pasaxeiros  149
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 302 de Ethiopian Airlines era un servizo regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Adís Abeba-Bole e o aeroporto Internacional Jomo Kenyatta en Nairobi. O día 10 de marzo de 2019 o Boeing 737 MAX 8 que operaba a ruta esnafrouse pouco despois de engalar morrendo todos os seus ocupantes.[1][2]

O accidente é o segundo en menos dun ano cun Boeing 737 MAX 8 implicado, despois do accidente do voo 610 de Lion Air, pouco despois de engalar de Iacarta, en outubro de 2018.

Trátase do peor sinistro na historia de Ethiopian Airlines, superando ao secuestro e posterior accidente do voo 961 na costa de Comores en 1996.

Avión[editar | editar a fonte]

O avión accidentado era un Boeing 737 MAX 8 con rexistro ET-AVJ.[3] O aparello tiña só catro meses de idade no momento do accidente. Fora fabricado en outubro de 2018 e fora entregado o 15 de novembro dese ano.[4][5]

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo 302 era un servizo regular de pasaxeiros dende Adís Abeba ata Nairobi. O avión, un Boeing 737 MAX 8, levaba 149 pasaxeiros e 8 tripulantes e engalou de Adís Abeba ás 08:38 hora local.[6] Despois de que o piloto informase de que había un problema e de que desexaba regresar ao aeroporto o avión desapareceu do radar e esnafrouse ás 08:44 hora local (05:44 UTC), seis minutos despois de engalar da pista 07R.[2][3][7] O aparello acabou preto da cidade de Bishoftu, a 62 quilómetros ao sueste do aeroporto.[8] As fotografías do lugar do impacto amosaban un gran cráter con só pequenos anacos do avión.[9] Non houbo superviventes.[6]

Pasaxeiros e tripulación[editar | editar a fonte]

Todos os pasaxeiros e tripulantes morreron no accidente. Entre os 157 ocupantes había un total de 33 nacionalidades.[2] Moitos dos pasaxeiros viaxaban a Nairobi para asistir á Asemblea das Nacións Unidas polo Medio Ambiente.[10] Entre as vítimas estaban o arqueólogo italiano e Conselleir para a Herdanza Cultural de Sicilia Sebastiano Tusa, e o académico canadense Pius Adesanmi.[11][12]

Entre os pasaxeiros había unha veciña de Cangas de 32 anos, cooperante dunha ONG en Etiopía.[13]

Reaccións[editar | editar a fonte]

O primeiro ministro etíope Abiy Ahmed ofreceu as súas condolencias ás familias das vítimas.[6] O CEO de Ethiopian Airlines Tewolde Gebremariam visitou o lugar do accidente, confirmando que non había superviventes, e expresou a súa simpatía e condolencias.[14] Boeing publicou unha declaración de condolencias.[15]

O parlamento etíope declarou o 11 de marzo como un día de luto nacional.[16] Durante a inauguración da cuarta Asemblea das Nacións Unidas polo Medio Ambiente en Nairobi gardouse un minuto de silencio polas vítimas.[17] O presidente de Nixeria Muhammadu Buhari, na súa mensaxe de condolencias no nome do goberno e do pobo do país, extendeu as súas condolencias ao primeiro ministro etíope Abiy Ahmed, aos pobos de Etiopía, Kenya, Canadá, China e de todas as nacións con vítimas no accidente.[18]

Flight International comentou que o accidente provocaría un aumento do malestar sentido tras o sinistro do voo 610 de Lion Air en outubro de 2018, que de forma semellante ocorreu pouco despois da engalaxe.[19]

Inmobilización[editar | editar a fonte]

Como resultado dos dous accidentes do 737 MAX, ocorridos en poucos meses, a meirande parte das aeroliñas e países comezaron a inmobilizar os Boeing 737 MAX 8 (e en moitos casos todas as variantes do MAX) debido a preocupacións de seguridade. Entre as aeroliñas que inmobilizaron a súa frota de MAX estaban Aerolíneas Argentinas,[20] Aeroméxico,[20] Cayman Airways,[21] Ethiopian Airlines,[22] GOL,[20] MIAT Mongolian Airlines,[23] Royal Air Maroc,[24] Sunwing[25] e Comair Limited.[26] Algunhas autoridades de aviación inmobilizaron todos os MAX baixo a súa xurisdicción, tamén implicando aos voos en tránsito, como a Administración de Aviación Civil de China,[27] a Axencia Europea de Seguridade Aérea,[28] o Ministerio de Aviación Civil da India,[28] a Dirección Xeral de Aviación Civil de Indonesia,[29] a Autoridade de Aviación Civil de Malaisia,[30] a Autoridade de Aviación Civil de Mongolia, a Oficina de Aviación Civil de Corea do Sur,[31] a Autoridade de Aviación Civil de Singapur,[32] o Ministerio de Transporte e Infraestrutura Dixital de Alemaña,[33] a Autoridade de Aviación Civil de Reino Unido,[28] a Autoridade de Seguridade da Aviación Civil de Australia,[34] a Autoridade de Aviación Civil de Nova Zelandia[35] e Transport Canada.[36]

A Administración Federal de Aviación estadounidense (FAA), porén, inicialmente declinou inmobilizar os 737 MAX baixo a súa xurisdicción.[37][38] Finalmente foi publicada unha solicitude de emerxencia para inmobilizar todos os avións nos Estados Unidos despois dun acordo entre a FAA e Boeing.[39] O 13 de marzo o CEO de Ethiopian Airlines Tewolde Gebremariam chamou a inmobilizar todos os 737 MAX do mundo.[40]

Investigación[editar | editar a fonte]

A Autoridade de Aviación Civil de Etiopía é a responsable de investigar os accidentes aéreos civís no país. O fabricante do avión, Boeing, declarou que está preparada para traballar coa Xunta Nacional de Seguridade no Transporte dos Estados Unidos e para axudar a Ethiopian Airlines.[15] A Administración Federal de Aviación estadounidense tamén axudará na investigación.

Tanto a gravadora de voces da cabina como a gravadora de datos de voo foron recuperadas no lugar do accidente o día 11 de marzo. Funcionarios estadounidenses urxiron aos traballadores de Ethiopian Airlines a enviar as caixas negras aos Estados Unidos para ser analizadas, pero os traballadores da aeroliña dixéronlle aos xornalistas que decidiran envialas no seu lugar a expertos en seguridade europeos. Representantes da Oficina Federal de Investigación de Accidentes Aéreos de Alemaña dixeron que as autoridades etíopes contactaran con eles para analizar as caixas negras, pero a axencia rexeitou a petición debido a que non tiñan o software requirido.[41] A axencia de investigacións de accidentes aéreos francesa, a BEA, anunciou que analizará as caixas negras do voo.[42]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reuters (2019-03-10). "157 feared dead in Ethiopian plane crash". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-03-10. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "'No survivors' in Ethiopia plane crash" (en inglés). 2019-03-10. Consultado o 2019-03-10. 
  3. 3,0 3,1 "ET-AVJ". Aviation Safety Network. Consultado o 2019-03-10. 
  4. "Ethiopian Airlines ET-AVJ (Boeing 737 Next Gen - MSN 62450) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-03-10. 
  5. Kaminski-Morrow, David (2019-03-10). "Ethiopian accident involves four-month old 737 Max". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2019-03-10. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Ethiopian Airlines flight ET302 crashes en route to Kenya, killing 157". The National (en inglés). Consultado o 2019-03-11. 
  7. "Ethiopian Airlines plane crash: No survivors among 157 on board". www.aljazeera.com. Consultado o 2019-03-11. 
  8. "'No survivors' from crashed Ethiopian Airlines flight: State broadcaster - Times of India ►". The Times of India. Consultado o 2019-03-11. 
  9. "Investigators at Ethiopian Airlines crash site look for answers". www.aljazeera.com. Consultado o 2019-03-11. 
  10. "Crashed Ethiopian plane carried at least 19 UN officials". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2019-03-11. Consultado o 2019-03-11. 
  11. "Ethiopian Airlines Boeing 737 crashes on way to Kenya". www.news.com.au. Consultado o 2019-03-11. 
  12. siteadmin (2019-03-10). "BREAKING: Nigeria’s Pius Adesanmi Killed In Ethiopian Airlines Plane Crash". Sahara Reporters. Consultado o 2019-03-11. 
  13. País, El (2019-03-11). "Una cooperante gallega y un ingeniero catalán, las dos víctimas españolas del accidente de avión en Etiopía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-03-11. 
  14. Press, The Associated (2019-03-10). "Correction: Ethiopia-Plane-Crash-The Latest Story". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-03-14. 
  15. 15,0 15,1 "Updated: Boeing Statement on Ethiopian Airlines Flight 302". MediaRoom. Consultado o 2019-03-14. 
  16. "Ethiopia declares Monday a day of national mourning". SABC News (en inglés). 2019-03-11. Consultado o 2019-03-14. 
  17. "WATCH: Minute of silence for Ethiopia crash at UN talks as search operation continues". News24 (en inglés). 2019-03-11. Consultado o 2019-03-14. 
  18. Published. "Ethiopian air crash: Loss of 157 lives shocking – Buhari". Punch Newspapers (en inglés). Consultado o 2019-03-14. 
  19. Kaminski-Morrow, David (2019-03-10). "Ethiopian crash likely to aggravate unease over 737 Max". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2019-03-14. 
  20. 20,0 20,1 20,2 Yeo, Ghim-Lay (2019-03-12). "Aerolineas, Aeromexico and Gol ground 737 Max fleets". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2019-03-14. 
  21. "CAL suspends Max 8 operations". www.caymanairways.com. Consultado o 2019-03-14. 
  22. "Ethiopian Airlines grounds its Boeing 737 MAX 8 fleet". Reuters (en inglés). 2019-03-11. Consultado o 2019-03-14. 
  23. Topham, Gwyn; Rushe, Dominic; agencies (2019-03-13). "Boeing and US under pressure to ground 737 Max as further bans brought in". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-03-14. 
  24. "Boeing 737 MAX grounded in several countries following Ethiopian crash". ASN News. 2019-03-11. Consultado o 2019-03-14. 
  25. Mar 12, CBC News · Posted:; March 13, 2019 12:04 PM ET | Last Updated:. "Sunwing suspends Boeing 737 Max 8 flights for 'evolving commercial reasons' | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  26. Foundation, Thomson Reuters. "S.Africa's Comair takes Boeing 737 MAX off schedules". news.trust.org. Consultado o 2019-03-15. 
  27. Moss, Trefor; Wall, Robert; Fan, Wenxin (2019-03-11). "Indonesia Follows China in Grounding Boeing 737 MAX 8 Jets After Fatal Crash". Wall Street Journal (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 2019-03-15. 
  28. 28,0 28,1 28,2 "Europe and India join Boeing aircraft ban after crash" (en inglés). 2019-03-12. Consultado o 2019-03-15. 
  29. "Indonesia to temporarily ground Boeing 737 MAX 8 jets for inspections". Reuters (en inglés). 2019-03-11. Consultado o 2019-03-15. 
  30. "Malaysia declares 'no-fly zone' for Boeing 737 MAX 8". New Straits Times. Consultado o 2019-03-15. 
  31. "The nations, airlines grounding Boeing 737 MAX aircraft". Channel NewsAsia (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  32. hermesauto (2019-03-12). "Singapore suspends operations of all Boeing 737 Max planes after Ethiopian Airlines crash". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  33. NACHRICHTEN, n-tv. "Scheuer sperrt Luftraum für Boeing 737 Max 8". n-tv.de (en alemán). Consultado o 2019-03-15. 
  34. Hatch, Patrick (2019-03-12). "Australia grounds Boeing's 737 MAX in wake of fatal crashes". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  35. "CAA suspends operations of Boeing 737 MAX 8 aircraft both in and out of NZ". Radio New Zealand (en inglés). 2019-03-13. Consultado o 2019-03-15. 
  36. Mar 13, Catharine Tunney · CBC News · Posted:; March 14, 2019 8:27 AM ET | Last Updated:. "No Boeing 737 Max 8s can fly into, out of, or over Canada: transport minister | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  37. CNN, Jack Guy and Emily Dixon. "Which airlines are still flying Boeing 737 MAX?". CNN. Consultado o 2019-03-15. 
  38. Wallace, Gregory. "FAA declines to ground Boeing 737 MAX 8, says unknown if two crashes are linked". CNN. Consultado o 2019-03-15. 
  39. "NOW: Trump announces US will order Boeing 737 Max 8s and 9s grounded". edition.cnn.com (en inglés). 2019-03-13. Consultado o 2019-03-15. 
  40. "Airline crash boss wants aircraft grounded" (en inglés). 2019-03-13. Consultado o 2019-03-15. 
  41. "Germany says will not analyse Ethiopian Airlines black box". Reuters (en inglés). 2019-03-13. Consultado o 2019-03-15. 
  42. "France to analyze Ethiopian Airlines flight recorders: spokesman". Reuters (en inglés). 2019-03-13. Consultado o 2019-03-15.