Berardius bairdii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berardius bairdii
Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano
Estado de conservación
CC sen datos suficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Subfamilia: Berardiinae
Xénero: Berardius
Especie: B. bairdii
Nome binomial
Berardus bairdii
Stejneger, 1883 [1]
Distribución do Berardius bairdi

Distribución do Berardius bairdi
Sinonimia
  • Berardius vegae Malm, 1883 [2]

Berardius bairdii é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos.[3]

A especie foi descrita por Leonhard Hess Stejneger en 1883 grazas a un exemplar encontrado no mar de Bering. Stejneger denominouna así na honra de Spencer Fullerton Baird, un antigo secretario da Smithsonian Institution.

É moi similar ao seu conxénere o zifio de Arnoux (Berardius arnouxii), até o pnto que algús autores consideran que é unha subespecie deste, Berardius arnouxii bairdii,[4] aínda que é lixeiramente maior, cunha lonxitude que pode chegar até os 13 m.

Pero a falta de diferenzas morfolóxicas coñecidas pode ser simplemente debido ao escaso número de espécimes examinados (especialmente do zifio de Arnoux), e análises de datos da secuencia dos intróns mitocondrial e nuclear revelaron diferenzas xenéticas, confirmando que estas especies son entidades taxonómicas reprodutivamente illadas e válidas.[5][6]

Na prefectura de Chiba (Xapón) é moi apreciado pola súa carne.

Descrición[editar | editar a fonte]

As principais características do Berardius bairdii son:[6]

  • Corpo alongado, case tubular, duns 12 ou 13 m de lonxitude e cun peso de entre 10 e 11 t.
  • Cabeza con fociño longo e prominente, co maxilar inferior máis longo que o superior, e na parte dianteira pódense ver os os dentes, nos machos, aínda coa boca pechada. O melón é particularmente bulboso.
  • Dimorfismo sexual pouco marcado.
  • Os machos poden chagar aos 84 anos de idade, e as femias aos 54.

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

Habita no océano Pacífico Norte, no mar do Xapón e na parte meridional do mar de Okhotsk. Aínda que poden verse cerca da costa en aguas profundas, parecen preferir os mares cos fondos máis abruptos ao bordo da plataforma continental,[7] en auuas oceánicas temperadas entre os 1 000 e os 3 000 m de profundidade. Algúns espécimes se rexistraron tan ao norte como o mar de Bering, e tan ao sur como nas costas da península de Baixa California.

Nas costas do Xapón rexistráronse en augas a temperaturas que oscilan entre os 23 °C e os 29 °C, cun límite meridional na isoterma de 15 °C a 100 m de profundidade. No norte do mar de Okhotsk, a especie encontrouse a menos de 500 m de profundidade, o que podería explicarse pola dispoñibilidade de especies presa en augas pouco profundas en latitudes máis altas.[8].

Poboación[editar | editar a fonte]

Estímase que a poboación total mundial para esta especie é da orde dos 30 000 individuos.[6]

Coñécense tres poboacións de Berardius bairdii no noroeste do Pacífico (mar do Xapón, mar de Okhotsk e océano Pacífico), onde os cetáceos forn explotadas durante séculos.

A poboación do Pacífico Norte oriental estímase nuns 1 100 individuos, incluíndo uns 228Baird en el Pacífico norte oriental, incluíndo uns 228 fronte á costa oeste dos Estados Unidos.[9][10]

A a súa abundancia en augas xaponesas estimouse nuns 7 000 individuos (5 029 fronte ás costas do Pacífico, 1 260 no mar do leste do Xapón e 660 ao sur do mar de Okhotsk,[7][9][11] pero estas poboacións probabelmente estean subestimadas porque moitas veces os métodos de mostraxe visual non contan co feito de estes animais están mergullados durante longos períodos de tempo e que son moi discretas cando siben á superficie.

Non hai información sobre as tendencias da evolución da poboación global desta especie.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Adoitan desprazarse en grupos compactos de até dez animais, cun máximo de 30. Cando os perseguen, todos os membros do grupo foxen conxuntamente, somerxéndose e saíndo á superficie sincronicamente. A pesar de que esta especie cazouse durante moito tempo, a composición das mandas non se estudou en profundidade. Sorprende o feito de que máis de dous terzos dos espécimes capturados sexan machos, a pesar de que as femias son máis voluminosas, o que debería convertelas nunha presa máis desexada. Os varamentos en masa son pouco habituais; porén, nunha ocasión varou un grupo integrado por sete animais, tres femias e catro machos maduros.[Cómpre referencia]

Son animais moi discretos. Ás veces saltan e golpean a superficie da auga coas aletas pectorais ou a cola. De todos os xeitos pasan a maior parte do tempo lonxe da superficie, mergullados en augas profundas. Tipicamente permanecen somerxidos unha media hora, pero ás veces unha hora ou máis, e xeralmente non pasan máis de cinco minutos na superficie entre inmersións consecutivas. Pero esta habilidade non parece mantelos a salvo dos depredadores: encontráronse restos deles no estómago de varias candorcas, e algúns dos exemplares capturados en augas xaponesas presentan as cicatrices lineais características das feridas producidas por candorcas.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntanse principalmente de peixes, cefalópodos e crustáceos que viven en augas profundas, cerca do fondo, entre os 1 000 ew os 3 000 m de profundidade, así como de algúns peixes peláxicos (gadiformes, xarda, sardiñas).[7][12]

A dieta na costa do Xapón componse nun 82 % de cefalópodos e un 18 % de peixes, mentres que no sur do mar de Okhotsk as proporcións son do 13 % e o 87 %, respectivamente.

Fronte ás costas xaponesas esta especie ten unha importante área de alimentación durante o verán e o outono, o que probabelmente está relacionado coa corrente fría subsuperficial de Oyashio, asociada a unha gran produtividade.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Existe unha grande incerteza en torno á reprodución do Berardius bairdii. Os estudos dos animais capturados nas costas xaponesas indican que a xestación podería durar entre 10 e 17 meses. Probabelmente as femias paren cada tres anos. Esta especie representa unha excepción entre os cetáceos polo feito de que os machos maduran antes e parecen vivir moito máis que as femias, polo que sempre hai máis machos sexualmente maduros que femias na poboación. Os machos de máis idade probabelmente desempeñan un papel social importante. Algúns investigadores especularon que os machos talvez colaboren no coidado das crías destetadas, o que permitiría que as femias deran a luz máis a miúdo.

Status e conservación[editar | editar a fonte]

Non existe ningunha estimación sobre a poboación mundial destes zifios, pero é probábel que sexan máis de unhas poucas decenas de miles. Só se sabe que na costa occidental dos EEUU hai uns 4 000 (excluíndo os de Alasca). Os censos do Xapón permitiron facer unha estimación duns 6 000 animais, dous terzos dos cales residirían na costa pacífica. Nos últimos anos o goberno xaponés estableceu un cota anual de capturas dun máximo de 54 espécimes.

Estes zifios explotáronse máis no pasado. Entre 1948 e 1986 matáronse case 4 000 (con máis de 300 no ano 1952). Ademais, os baleeiros rusos informaron ter capturado 176 entre 1933 e 1974, e os que faenaban nas costas norteamericanas mataron uns 60 entre 1912 e 1966. Cada ano morren algúns a causa das artes de pesca, sobre todo cando quedan atrapados en redes de deriva colocadas en augas profundas. Na actualidade esta especie está cualificada pola IUNC como sen datos suficientes (CC) para dar unha información sobre a súa situación.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stejneger, L. H. (1883): Proc. U.S. Natl. Mus., 6: 75.
  2. Berardius bairdii Stejneger, 1883 en SIIT
  3. Wilson, Don e Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª ed.) Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  4. McCann, C. (1975): "A study of the genus Berardius Dubernoy". Sci. Rep. Whales Res. Inst. 27: 111-137.
  5. Dalebout, M. L. (2002): Species identity, genetic diversity, and molecular systematic relationships among the Ziphiidae (beaked whales). Thesis, University of Auckland.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (asesores) (2008): Berardius arnouxii na IUCN|Lista vermella]] de especies ameazadas da IUCN.
  7. 7,0 7,1 7,2 Kasuya, T. (2002): "Giant beaked whales Berardius bairdii and B. arnuxii" en W. F. Perrin, B. Wursig and J. G. M. Thewissen (eds.) Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 519-522. San Diego, California: Academic Press.
  8. Reyes, J. C., 1991, citado en: Culik, Boris (2004): Rewiew os Small Cetaceans. Distribution. Behavoir, Migrations and Threats. Bonn, Germany: United Nations Environment Programme (UNEP) / Convention on Migratpory Species (CMS). ISBN 3-937429-02-3 Ver en PDF
  9. 9,0 9,1 Barlow et al. (2006): "Abundance and densities of Beaked and Bottlenose Whales (family Ziphiidae)". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 263-270.
  10. Caretta et al. (2006): U.S. Pacific marine mammal stock assessments: 2005. NOAA Technical Memorandum NMFS-SWFSC.
  11. Miyashita, T. (1986): "Abundance of Baird's Beaked Whales off the Pacific coast of Japan". Reports of the International Whaling Commission 36: 383-386.
  12. Balcomb, K. C. (1989): "Baird's beaked whale Berardius bairdii Stejneger, 1883: Arnoux's beaked whale Berardius arnuxii Duvernoy, 1851". En: S. H. Ridgway and R. Harrison (eds.), Handbook of Marine Mammals, Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales, pp. 261-288. Academic Press.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]