Conversa:Berardius bairdii

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Posíbel nome galego[editar a fonte]

Na única obra en galego onde aparece esta especie é no Vocabulario de Lahuerta e Vázquez [Fernando Lahuerta Mouriño e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8 ] que, en palabras dos seus autores na introdución á obra, ten a finalidae de «facer unha proposta dos nomes en galego neste ámbito» e que «cando se trata de recursos pouco coñecidos na nosa cultura, ou de nomes xenéricos que abranguen diferentes organismos, é cando se realiza o exercicio de Adán, de darlles nomes ós seres que van saíndo ó paso. Este é un exercicio necesario para poder chama-las cousas polo seu nome, pero que presenta moitos riscos e que deixa, por suposto, moita oportunidade para a discrepancia [o subliñado é meu], circunstancia da que non podemos senón alegrarnos, sempre que sexa orixe de novas iniciativas neste campo».

Neste vocabulario, que conta cun tratamento terminolóxico de Manuel González González (TERMIGAL), polo que sen dúbida pode ser una fonte válida para os nomes vulgares galegos das especies. Pero neste caso, o nome proposto é o de balea bicuda de Baird (calco do nome portugués baleia-bicuda-de-Baird), nome do que discrepo totalmente polas seguintes razóns:

  • As normas internacionais para o establecemento de nomes vulgares e vulgarizados das epecies biolóxicas (que as hai) indican que para as especies do mesmo xénero debe usarse o mesmo nome común, empregando cualificativos diferentes para as distintas especies (a non ser que haxa nomes vulgares patrimoniais particulares, como, por exemplo, no caso dos peixes Trisopterus luscus, a faneca, e Trisopterus minutus, o fodón) e que este uso pode estenderse a especies de xéneros distintos, pero que son moi similares, e ás veces indistinguíbeis para os non expertos (como, por exemplo, no caso de Gadiculus argenteus, a faneca prateada).
  • Que a especie en cuestión pertence ao xénero Berardius que, ademais dela, só conta con outra, Berardius arnouxii, que é tan semellante que nin os expertos as distinguen cando as ven no mar (e mesmo incluso algúns deste expertos consideran que son conespecíficas).
  • Que para B. arnouxii, Lahuerta e Vázquez inventan (ben inventado) o nome de zifio de Arnoux. E digo ben inventado, porque o xénero Berardius pertence á familia dos zifíidos (Ziphiidae), é dicir, os animais que son semellantes aos do xénero Ziphius. E e o dicionario da RAG di que a dos zifíidos e unha «Familia de mamíferos mariños da suborde dos odontocetos, de cabeza relativamente curta, mandíbulas prolongadas e estreitas, con dous ou catro dentes na inferior, as aletas pectorais pouco desenvolvidas e a dorsal situada por detrás da metade do corpo» e que, en sigular, zifíido, é un «Individuo desta familia», é dicir un zifio (un parecido a Ziphius).

Por todo isto penso que o nome galego apropiado para esta especie sería zifio de Baird, en concordancia con zifio de Arnoux. Pero o malo é que a Galipedia non é unha fonte primaria, polo que animo a algún consusultante desta conversa que estea de aocrdo coa miñas razóns, e que teña man con algunha publicación –científica ou lexicográfica– que o publique, para que así poida estar nunha fonte aceptábel.--XoioÉche o que hai 26 de agosto de 2013 ás 15:06 (UTC)[responder]