Leonhard Hess Stejneger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeonhard Hess Stejneger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1851 Editar o valor em Wikidata
Bergen, Noruega Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía, doutor en Dereito
EducaciónUniversidade de Oslo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , biógrafo , ornitólogo , zoólogo , herpetólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto Smithsoniano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoDoris Mable Cochran Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaStejneger Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Steineger (1876–1881) Editar o valor em Wikidata
IrmánsAgnes Steineger e Thora Stejneger Editar o valor em Wikidata
Premios

Leonhard Hess Stejneger, nado o 30 de outubro de 1851 en Bergen, e finado o 28 de febreiro de 1943 en Washington, foi un zoólogo noruegués nacionalizado estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stejneger naceu en Bergen (Noruega) e estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Oslo (daquela, chamada Kristiania). Obtivo o doutoramento, e comezouó unha breve carreira como avogado. Porén, os seus intereses como naturalista prevaleceron.

En 1881 foi aos Estados Unidos e comezou a traballar no Instituto Smithsoniano baixo a dirección de Spencer Fullerton Baird.

Participou en numerosas expedicións ao norte do subcontinente norteamericano. De 1882 a 1883 enviárono a unha misión de exploración á illa de Bering e a Kamchatka. En 1895 foi ás illlas do Comandante a estudar otáridos, por conta da U.S. Fish Commission (o ministerio estadounidense de Pesca). Regresou por segunda vez en 1922.

Fixo carreira no Smithsoniano. En 1884 foi conservador auxiliar de aves; en 1889, conservador de réptiles; en 1899, conservador de réptiles e anfibios, e desde 1911, conservador de bioloxía, posto que ocupou até a súa morte, a que quedara exento da xubilación por decreto presidencial.

Publicou máis de 400 traballos científicos sobre aves, réptiles, focas, e herpetoloxía de Porto Rico, entre outros temas.

Durante a súa viaxe á illa de Bering quedou fascinado pola vida de Georg Wilhelm Steller, un naturalista do século XVIII que, antes ca el, visitara a illa. Investigou a vida de Steller durante varias décadas, que culminou na súa única publicación non técnica, unha biografía de Steller.

Publicacións principais[editar | editar a fonte]

  • Results of Ornithological Explorations in the Commander Islands and in Kamtschatka (1885)
  • Birds of Kauai Island, Hawaiian Archipelago / collected by Mr. Valdemar Knudsen, with description of new species (1887)
  • Notes on a third collection of birds made in Kauai, Hawaiian Islands (1890)
  • The Poisonous Snakes of North America (1895)
  • The Russian Fur-Seal Islands (1896)
  • Herpetology of Porto Rico (1904)
  • Herpetology of Japan and Adjacent Territories (1907)
  • A new Gerrhonotine Lizard from Costa Rica (1907)
  • Three new species of lizards from the Philippine Islands (1908)
  • A new genus and species of lizard from Florida (1911)
  • A new Scincid Lizard from the Philippine Islands (1911)
  • Results of the Yale Peruvian Expedition of 1911. Batrachians and Reptiles (1913)
  • A Check List of North American Amphibians and Reptiles [con Thomas Barbour] (1917)
  • A chapter in the history of zoological nomenclature (1924)
  • Fur-seal industry of the Commander Islands: 1897-1922 (1925)
  • Identity of Hallowell's snake genera, Megalops and Aepidea (1927)
  • The Chinese lizards of the genus Gekko (1934)
  • Georg Wilhelm Steller, the pioneer of Alaskan natural history (1936)

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Stejneger emprégase para recoñecer a Leonhard Hess Stejneger como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wetmore, Alexander (1945): "Leonhard Hess Stejneger (1851-1943)". Biographical Memoir. Nat. Acad. Sci. Vol. 24.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]