Bartonella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bartonella
Bartonella.jpg
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Bartonellaceae
Gieszczykiewicz 1939
Xénero: Bartonella
Strong et al. 1915
Especies[1]
Sinonimia[1]
  • Bartonia Strong et al. 1913
  • Grahamella (ex Brumpt 1911) Ristic e Kreier 1984
  • Rochalimaea (Macchiavello 1947) Krieg 1961

Bartonella é un xénero de bacterias gramnegativas e o único xénero da familia Bartonellaceae.[2][3] As especies deste xénero son parasitos intracelulares facultativos e poden infectar ás persoas que teñen boa saúde, pero considéranse especialmente importantes como patóxenos oportunistas.[4] As especies de Bartonella son transmitidas por diversos vectores como carrachas, pulgas, piollos, flebotomos, e mosquitos. Coñécense polo menos oito especies ou subespecies de Bartonella que infectan a humanos.[5]

As infeccións por bartonelas denomínanse bartoneloses. Bartonella quintana é o axente causante da febre das trincheiras, transmitida polo piollo do corpo. Bartonella henselae é o organismo responsable da enfermidade da rabuñadura do gato, unha doenza autolimitada, a non ser en individuos inmunocomprometidos.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente Bartonella estaba clasificada como un xénero de Rickettsiales, pero estudos xenéticos fixeron que se propuxese cambiala de orde (agora está en Rhizobiales) e que se unificasen os xéneros Rochalimaea e Bartonella no xénero único Bartonella (o nome tiña prioridade segundo as regras de nomenclatura), e que se crease a familia Bartonellaceae.[2][6] En 1995 incluíronse membros do xénero Grahamella en Bartonella.[7] O xénero Bartonella recibe o seu nome en honor de Alberto Leonardo Barton Thompson (1871–1950), un científico peruano nacido na Arxentina.

As especies de Bartonella levan infectando aos humanos desde hai miles de anos, como se demostra polo achado de ADN de Bartonella quintana nun dente de hai 4000 anos.[8]

Ciclo de infección[editar | editar a fonte]

O modelo aceptado actualmente para explicar o ciclo de infección destas especies sostén que os vectores transmisores son artrópodos hematófagos e os hóspedes reservorio son mamíferos. Inmediatamente despois da infección, a bacteria coloniza un nicho primario, as células endoteliais. Cada cinco días algunhas especies de Bartonella que están nas células endoteliais libéranse á corrente circulatoria, onde infectan os eritrocitos. A bacteria invade despois unha membrana de fagosoma dentro dos eritrocitos, onde se multiplica ata que acada unha densidade de poboación crítica. Chegado a este punto, simplemente espera ata que o sangue sexa zugado por un artrópodo hematófago.

Aínda que algúns estudos sobre a bartonelose non atoparon "ningunha evidencia definitiva da transmisión por unha carracha a un hóspede vertebrado" das bartonelas,[9][10] si que hai probas claras da transmisión de bartonelas a animais e a humanos por outros artrópodos como pulgas, piollos e moscas da area.[11] Ademais, estudos recentes si atoparon unha forte correlación entre a exposición ás carrachas e a bartonelose,[11][12] incluíndo a bartonelose humana. As bacterias do xénero Bartonella están asociadas coa enfermidade da rabuñadura do gato, pero un estudo de 2010 concluíu que "os médicos deberían ser conscientes de que . . . unha historia da rabuñadura ou mordida dun animal non é necesaria para a transmisión da doenza." [13] Todas as especies actuais de Bartonella identificadas en caninos son patóxenas humanas.[14]

Fisiopatoloxía[editar | editar a fonte]

As infeccións por bartonelas poden producir unha ampla gama de síntomas: a forma en que cursan no tempo (aguda ou crónica) e a patoloxía subxacente son moi variables.[15]

Fisiopatoloxía de Bartonella en humanos
Especies Reservorio humano ou
hóspede accidental?
Reservorio
animal
Fisiopatoloxía Distribución
B. bacilliformis Reservorio Causa a enfermidade de Carrion (febre de Oroya, Verruga peruana) Perú, Ecuador, e Colombia
B. quintana Reservorio Causa a febre das trincheiras, anxiomatose bacilar, e endocardite En todo o mundo
B. clarridgeiae Accidental Gato doméstico Enfermidade da rabuñadura do gato
B. elizabethae Accidental Rata Endocardite
B. grahamii Accidental Rato Endocardite e neurorretinite
B. henselae Accidental Gato doméstico Enfermidade da rabuñadura do gato, anxiomatose bacilar, peliosis hepatis, endocardite, bacteremia con febre, e neurorretinite En todo o mundo
B. koehlerae Accidental Gato doméstico
B. vinsonii Accidental Rato, can, gato doméstico
B. washoensis Accidental Esquíos Miocardite
B. rochalimae Accidental Descoñecido Síntomas similares aos da enfermidade de Carrion
Referencias:[16][17][18]

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento depende da especie ou cepa que se encontre nun determinado paciente. Aínda que as bartonelas son susceptibles a varios antibióticos estándar in vitro (macrólidos e tetraciclinas, por exemplo) a eficacia do tratamento con antibióticos en individuos inmunocompetentes é incerta.[15] Nos pacientes inmunocomprometidos debería tratarse con antibióticos porque eses pacientes son especialmente susceptibles ás enfermidades sistémicas e bacteremias. Entre os fármacos especialmente efectivos están os seguintes: trimetoprim-sulfametoxazol, xentamicina, ciprofloxacina, e rifampina. B. henselae xeralmente é resistente á penicilina, amoxicilina, e nafcilina.[15]

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

Os drogaditos por vía intravenosa sen fogar están en especial risco de contraer infeccións por bartonelas, espeialmente por B. elizabethae. Por exemplo en Estados Unidos e Suecia as taxas de seropositividade para B. elizabethae neste grupo de poboación van do 12.5% en Los Angeles,[19] o 33% en Baltimore, Maryland,[20] o 46% en Nova York,[21] e o 39% en Suecia.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature". Consultado o 28 March 2015. 
  2. 2,0 2,1 Brenner, D. J.; O'Connor, S. P.; Winkler, H. H.; Steigerwalt, A. G. (1993). "Proposals To Unify the Genera Bartonella and Rochalimaea, with Descriptions of Bartonella quintana comb. nov., Bartonella vinsonii comb. nov., Bartonella henselae comb. nov., and Bartonella elizabethae comb. nov., and To Remove the Family Bartonellaceae from the Order Rickettsiales". International Journal of Systematic Bacteriology 43 (4): 777–786. ISSN 0020-7713. PMID 8240958. doi:10.1099/00207713-43-4-777. 
  3. Peters, D.; R. Wigand (1955). "Bartonellaceae". Bacteriol Rev. 19 (3): 150–159. 
  4. Walker DH (1996). Rickettsiae. In: Barron's Medical Microbiology (Barron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1. 
  5. Chomel BB, Boulouis HJ (2005). "Zoonoses dues aux bactéries du genre Bartonella: nouveaux réservoirs? nouveaux vecteurs?" [Zoonotic diseases caused by bacteria of the genus Bartonella: new reservoirs? new vectors?] (PDF). Bull. Acad. Natl. Med. (en French) 189 (3): 465–77; discussion 477–80. PMID 16149211. 
  6. LPSN Bartonella
  7. UpToDate Basic biology of Bartonella sp.
  8. Drancourt M, Tran-Hung L, Courtin J, Lumley H, Raoult D (2005). "Bartonella quintana in a 4000-year-old human tooth". J. Infect. Dis. 191 (4): 607–11. PMID 15655785. doi:10.1086/427041. 
  9. Angelakis E, Billeter SA, Breitschwerdt EB, Chomel BB, Raoult D (March 2010). "Potential for tick-borne bartonellosis". Emerg Infect Dis 16 (3): 385–91. PMC 3322042. PMID 20202411. doi:10.3201/eid1603.091685. 
  10. Telford SR III, Wormser GP (March 2010). "Bartonella spp. transmission by ticks not established". Emerg Infect Dis 16 (3): 379–84. PMC 3322007. PMID 20202410. doi:10.3201/eid1603.090443. 
  11. 11,0 11,1 Billeter SA, Levy MG, Chomel BB, Breitschwerdt EB (Mar 2008). "Vector transmission of Bartonella species with emphasis on the potential for tick transmission". Med Vet Entomol 22 (1): 1–15. PMID 18380649. doi:10.1111/j.1365-2915.2008.00713.x. 
  12. Eskow E, Rao RV, Mordechai E (Sep 2001). "Concurrent infection of the central nervous system by Borrelia burgdorferi and Bartonella henselae: evidence for a novel tick-borne disease complex". Arch Neurol 58 (9): 1357–63. PMID 11559306. doi:10.1001/archneur.58.9.1357. 
  13. Mosbacher M, Elliott SP, Shehab Z, Pinnas JL, Klotz JH, Klotz SA (Sep–Oct 2010). "Cat scratch disease and arthropod vectors: more to it than a scratch?". J Am Board Fam Med 23 (5): 685–6. PMID 20823366. doi:10.3122/jabfm.2010.05.100025. 
  14. Chomel BB, Boulouis HJ, Maruyama S, Breitschwerdt EB (Mar 2006). "Bartonella spp. in pets and effect on human health". Emerg Infect Dis 12 (3): 389–94. PMC 3291446. PMID 16704774. doi:10.3201/eid1203.050931. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Rolain JM, Brouqui P, Koehler JE, Maguina C, Dolan MJ, Raoult D (2004). "Recommendations for treatment of human infections caused by Bartonella species". Antimicrob. Agents Chemother. 48 (6): 1921–33. PMC 415619. PMID 15155180. doi:10.1128/AAC.48.6.1921-1933.2004. 
  16. Zeaiter Z, Liang Z, Raoult D (2002). "Genetic classification and differentiation of Bartonella species based on comparison of partial ftsZ gene sequences". J. Clin. Microbiol. 40 (10): 3641–7. PMC 130884. PMID 12354859. doi:10.1128/JCM.40.10.3641-3647.2002. 
  17. Jacomo V, Kelly PJ, Raoult D (2002). "Natural history of Bartonella infections (an exception to Koch's postulate)". Clin. Diagn. Lab. Immunol. 9 (1): 8–18. PMC 119901. PMID 11777823. doi:10.1128/CDLI.9.1.8-18.2002. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  18. Maco V, Maguiña C, Tirado A, Maco V, Vidal JE (2004). "Carrion's disease (Bartonellosis bacilliformis) confirmed by histopathology in the High Forest of Peru". Rev. Inst. Med. Trop. Sao Paulo 46 (3): 171–4. PMID 15286824. doi:10.1590/S0036-46652004000300010. 
  19. Smith HM; Reporter R; Rood MP; et al. (2002). "Prevalence study of antibody to ratborne pathogens and other agents among patients using a free clinic in downtown Los Angeles". J. Infect. Dis. 186 (11): 1673–6. PMID 12447746. doi:10.1086/345377. 
  20. Comer JA, Flynn C, Regnery RL, Vlahov D, Childs JE (1996). "Antibodies to Bartonella species in inner-city intravenous drug users in Baltimore, Md". Arch. Intern. Med. 156 (21): 2491–5. PMID 8944742. doi:10.1001/archinte.156.21.2491. 
  21. Comer JA, Diaz T, Vlahov D, Monterroso E, Childs JE (2001). "Evidence of rodent-associated Bartonella and Rickettsia infections among intravenous drug users from Central and East Harlem, New York City". Am. J. Trop. Med. Hyg. 65 (6): 855–60. PMID 11791987. 
  22. McGill S, Hjelm E, Rajs J, Lindquist O, Friman G (2003). "Bartonella spp. antibodies in forensic samples from Swedish heroin addicts". Ann. N. Y. Acad. Sci. 990: 409–13. PMID 12860665. doi:10.1111/j.1749-6632.2003.tb07402.x. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]