Bartonella henselae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bartonella henselae
Blood culture negative endocarditis.jpg
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Bartonellaceae
Xénero: Bartonella
Especie: B. henselae
Nome binomial
Bartonella henselae
(Regnery et al. 1992)

Bartonella henselae (antes chamada Rochalimaea henselae[1][2]), é unha proteobacteria con forma de bacilo gramnegativo cun flaxelo polar. Pode causar en humanos bacteremia, endocardite, anxiomatose bacilar, e peliosis hepatis. É tamén o axente causante da enfermidade da rabuñadura do gato[3] (ver bartonelose) que adoita ocorrer en certos casos cando nos rabuña ou morde un gato. A enfermidade caracterízase por linfoadenopatía (inchamento dos ganglios linfáticos) e febre.

A peliosis hepatis (enfermidade vascular na que se forman cavidades cheas de sangue no fígado) causada por B. henselae pode ocorrer soa ou xunto con anxiomatose bacilar cutánea ou bacteremia. Os pacientes con peliosis hepatis presentan síntomas gastrointestinais, febre, calafríos, e agrandamento do fígado e o bazo, que conteñen cavidades cheas de sangue. Esta doenza sistémica dáse principalmente en pacientes inmunocomprometidos, como os infectados polo VIH.

Bartonella henselae infecta as células do hóspede uníndose a elas polas adhesinas autotransportadoras triméricas (TAA) bacterianas.

A presenza da bacteria pode detectarse por medio dunha tinguidura especial chamada tinguidura de Warthin-Starry, ou por unha técnica de tinguidura de prata similar realizada nos tecidos infectados. Bartonella henselae pode cultivarse nun cultivo de sangue de lise-centrifugación.

O nome henselae déuselle en honor de Diane M. Hensel, que illou moitas das cepas orixinais detectadas en pacientes con bacteremia de Oklahoma.[2]

Síntomas[editar | editar a fonte]

Síntomas comúns son:[4]

  • Febre.
  • Ganglios linfáticos agrandados moles que se desenvolven de 1 a 3 semanas despois da exposición.
  • Unha pápula ou pústula no sitio de inoculación.

Tratamento[editar | editar a fonte]

As infeccións por Bartonella henselae (enfermidade da rabuñadura do gato) son xeralmente autolimitadas, pero poden ser tratadas con azitromicina e doxiciclina.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brenner, D. J.; O'Connor, S. P.; Winkler, H. H.; Steigerwalt, A. G. (1993). "Proposals To Unify the Genera Bartonella and Rochalimaea, with Descriptions of Bartonella quintana comb. nov., Bartonella vinsonii comb. nov., Bartonella henselae comb. nov., and Bartonella elizabethae comb. nov., and To Remove the Family Bartonellaceae from the Order Rickettsiales". International Journal of Systematic Bacteriology 43 (4): 777–786. ISSN 0020-7713. PMID 8240958. doi:10.1099/00207713-43-4-777. 
  2. 2,0 2,1 LPSN Bartonella
  3. Jerris RC, Regnery RL (1996). "Will the real agent of cat-scratch disease please stand up?". Annu. Rev. Microbiol. 50: 707–25. PMID 8905096. doi:10.1146/annurev.micro.50.1.707. 
  4. "Bartonella Infection (Cat Scratch Disease, Trench Fever, and Carrión’s Disease)". Centers for Disease Control and Prevention. 29 November 2012. 
  5. EMedicine 213169 Bartonellosis

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]