Bartonella elizabethae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bartonella elizabethae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Bartonellaceae
Xénero: Bartonella
Especie: B. elizabethae
Nome binomial
'Bartonella elizabethae'
Daly et al., 1993

Bartonella elizabethae (antes chamada Rochalimaea elizabethae[1][2]), é unha especie de alfaproteobacteria. Pode causar enfermidades en animais[3] e humanos.[4] As infeccións por B. elizabethae poden ser máis comúns do que previamente se pensaba. Nun estudo feito en Nova York en 1997-98 entre drogadictos por vía intravenosa sobre especies de Bartonella atopou que os anticorpos contra B. elizabethae eran os máis comúns entre as bartonelas, atopados no 46% dos casos.[5]

Deuselle o seu nome específico polo hospital de St. Elizabeth en Brighton, Massachusetts, onde foi illada.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brenner, D. J.; O'Connor, S. P.; Winkler, H. H.; Steigerwalt, A. G. (1993). "Proposals To Unify the Genera Bartonella and Rochalimaea, with Descriptions of Bartonella quintana comb. nov., Bartonella vinsonii comb. nov., Bartonella henselae comb. nov., and Bartonella elizabethae comb. nov., and To Remove the Family Bartonellaceae from the Order Rickettsiales". International Journal of Systematic Bacteriology 43 (4): 777–786. ISSN 0020-7713. PMID 8240958. doi:10.1099/00207713-43-4-777. 
  2. 2,0 2,1 LPSN Bartonella
  3. Mexas AM, Hancock SI, Breitschwerdt EB (December 2002). "Bartonella henselae and Bartonella elizabethae as potential canine pathogens". Journal of Clinical Microbiology 40 (12): 4670–4. PMC 154595. PMID 12454170. doi:10.1128/jcm.40.12.4670-4674.2002. Consultado o 2013-07-18. 
  4. Daly JS, Worthington MG, Brenner DJ; et al. (April 1993). "Rochalimaea elizabethae sp. nov. isolated from a patient with endocarditis". Journal of Clinical Microbiology 31 (4): 872–81. PMC 263580. PMID 7681847. Consultado o 2013-07-18. 
  5. Comer JA, Diaz T, Vlahov D, Monterroso E, Childs JE. Evidence of rodent-associated Bartonella and Rickettsia infections among intravenous drug users from Central and East Harlem, New York City. Am J Trop Med Hyg. 2001 Dec;65(6):855-60. PMID 11791987

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]