Piollo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os piollos son insectos parasitos sen ás (cando adultos), pertencentes á orde Phthiraptera, composta dunhas 3.000 especies diferentes. Todos son ectoparasitos obrigados de mamíferos e aves, excluíndo os monotremos (o ornitorrinco e o equidna) e os morcegos.

Piollos das ovellas

A orde Phthiraptera foi considerada tradicionalmente en dúas ordes distintas ou dúas subordes: os piollos chuchadores (Anoplura) e os piollos mastigadores (Mallophaga). Na actualidade, os Mallophaga son considerados parafiléticos e hoxe recoñécense catro subordes:

  • Anoplura: piollos chuchadores, incluíndo o piollo da testa e da roupa (Pediculus humanus) e o da pube (Pthirus pubis, denominado comunmente piollo pato: nótese a grafía do xénero con pth, non con phth como a orde) (véxase tamén pediculose).
  • Rhyncophthirina: parasitos dos elefantes e xabaríns.
  • Ischnocera: piollos aviares (antes Mallophaga).
  • Amblycera: piollos mastigadores, unha orde primitiva de piollos (antes Mallophaga).

Os piollos son moi específicos co seu hospedador, e moitas especies incluso prefiren partes específicas do corpo deste. Os piollos pasan a súa vida enteira sobre o hospedador, desenvolvendo adaptacións que lles permiten manter un contacto moi estreito. Estas adaptacións reflíctense no seu tamaño (de 0,5 a 8 mm), patas e garras fortes para se agarraren fortememente ao pelo, pel e plumas e ausencia de ás. Aliméntanse de restos da pel (alimentación epidermal), partes de plumas, secrecións sebáceas e sangue.

A súa cor varía de castaño claro a gris escuro. No caso de se alimentaren de sangue, poden ser moito máis escuros. Non se afogan na auga, xa que poden infrar, mantendo ar e así flotan. Os piollos non saltan, mais poden ser transmitidos por contacto, forma na que adoitan trasladarse dun hospedador a outro.

Os piollos fixan os seus ovos ao pelo do seu hospedador, denominados comunmente lendias ou miúdas. Para eliminalos utilízase un peite especial cuns dentes moi finos e apertados que arrastran as lendias do cabelo.

O mellor xeito de eliminar os piollos do pelo, sen empregar substancias químicas (que poden producir resistencias posteriores), é afogalos en aceite para cativos, xa que a súa viscosidade os afoga.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A orde Phthiraptera divídese en 4 subordes e 17 familias:

Suborde Amblycera

Superfamilia Menoponoidea
Ancistronidae
Colpocephalidae
Menoponidae
Pseudomenoponidae
Somaphantidae
Trinotonidae
Superfamilia Ricinoidea
Laemobothriidae
Ricinidae

Suborde Ischnocera

Philopteridae
Trichodectidae

Suborde Anoplura

Echinophthiriidae
Enderleinellidae
Haematopinidae
Hamophthiriidae
Hoplopleuridae
Hybophthiridae
Linognathidae
Microthoraciidae
Neolinognathidae
Pecaroecidae
Pedicinidae
Pediculidae
Polyplacidae
Phthiridae
Ratemiidae

Suborde Rhynchophthirina

Haematomyzidae

Piollo1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]