Bandeira de Bután
Bandeira de Bután | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1960 |
Cores | Amarelo Laranxa Branco |
A bandeira de Bután (en dzongkha: ཧྥ་རན་ས་ཀྱི་དར་ཆ་, trans.: hpha-ran-sa-kyi dar-cho) con pequenas variacións, veuse usando desde o século XIX, alcanzando a súa forma actual en 1960.
Deseño
[editar | editar a fonte]Está dividida diagonalmente desde a esquina inferior ao lado da hasta, á esquina superior do exterior da bandeira, formando dous triángulos. O superior é de cor amarela, sendo de cor laranxa o inferior. Centrado ao longo da liña divisoria hai un dragón de cor branca mirando cara ao exterior da bandeira.
O dragón representado na bandeira, Druk ou Dragón do Trono, representa o nome de Bután en tibetano, que é "A terra do dragón" (Druk Yul). O dragón sostén xoias nas súas garras, que representan a abundancia. A cor amarela representa á monarquía secular, mentres que o laranxa representa á relixión budista. Esta é unha das poucas bandeiras que usa a cor laranxa de maneira prominente, e a única bandeira nacional xunto á de Gales que contén un dragón.
Esquema | Amarelo | Laranxa | Branco |
---|---|---|---|
CMYK | 0.15.94.0 | 0.60.100.0 | 0.0.0.0 |
Pantone | 116 | 165 | - |
HTML | #FFCC33 | #FF4E12 | #FFFFFF |
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Bután |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bután en Flags of the World (en inglés)