Azolla filiculoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azolla filiculoides
Imaxe aumentada de Azolla filiculoides
Imaxe aumentada de Azolla filiculoides
Estado de conservación
G5
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Salviniales
Familia: Azollaceae
Xénero: 'Azolla'
Especie: ''A. filiculoides''
Nome binomial
''Azolla filiculoides''
Lam.[1][2]
Sinonimia

A. arbuscula Desv.
A. filiculoides var. rubra (R.Br.) Strasb.
A. magellanica Willd.
A. squamosa Molina
(Poss.) A. caroliniana Willd.
(Poss.) A. japonica Franch. & Sav.
(Poss.) A. rubra R.Br.

List source : [2]

Azolla filiculoides, o fento de auga, é unha especie de fento acuático nativo de zonas tépedas e tropicais de América, onde habita lagos, lagoas e ríos de corrente lenta.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Posúe un crecemento moi rápido, sendo quen de cubrir amplas superficies en poucos meses. Cada individuo ten un diámetro de 1-2 cm, cunha cor verde tinguida de rosa, laranxa ou vermello nos bordos. Ramificacións libres, que se quebran en pequenas seccións a medida que a planta medra. Non soporta baixas temperaturas, sobrevivindo en zonas frías grazas a gromos somerxidos.

Cultivo[editar | editar a fonte]

A especie ten sido cultivada en moitas rexións do Vello Mundo, pola súa capacidade de fixación do nitróxeno atmosférico. Considérase útil para cultivos en auga, como o do arroz. Así e todo, Azolla filiculoides ten causado e causa graves problemas á flora e fauna autóctonas de ecosistemas lacustres do oeste de Europa.[3] sur de África, Asia tropical, Australia e Nova Zelandia.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Está presente no río Miño entre Rábade e o encoro de Belesar, en Ribadavia e en Padrón.[4] Mencionouse tamén en Culleredo, onde causou problemas á poboación local de sapo corriqueiro (''Bufo calamita'').[5] En Vigo e en Sanxenxo foi citada a A. carolinensis, moi similar á primeira.[4] No río Lagares e nas Gándaras de Budiño (Ribeiras do Louro] existe Azolla sp., quizais A. filiculoides; alí a especie colonizou e ocupou rapidamente as masas de auga, tapizando toda a superficie. Na lagoa da Bodeira (O Grove) A. filiculoides foi mencionada por primeira vez no verán de 2012, procedéndose a unha primeira retirada parcial, sen éxito.

Control en Galicia[editar | editar a fonte]

A retirada manual é imprescindible, se ben é complicada e custosa, e non garante a erradicación do fento.[4][3] Débese realizar combinada con outros métodos, especialmente co control biolóxico a través do gurgullo Stenopelmus rufinasus. Esta é unha especie americana de coleóptero, cuxa larva é monófaga e se alimenta de Azolla spp.[4] Está xa citado na Península Ibérica, en concreto nos ríos Guadiana e Ter.[6][7] É moi probable que este gurgullo non teña influencia noutros coleópteros autóctonos nin en plantas do mesmo contorno. A terceira vía sería o uso de herbicidas, contendo glifosato ou diquat,[3] se ben este método é efectivo só en canais e pequenas masas de auga, e pode prexudicar a outras plantas existentes.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Azolla filiculoides.  
Azolla filiculoides xunto á Lemna minor.  
Raíces da Azolla filiculoides.  

Notas[editar | editar a fonte]

  1. In: Encyclopédie Méthodique, Botanique 1(1): 343. 1783. «Name - Azolla Lam.». Tropicos. Saint Louis, Missouri: Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de febreiro de 2010. «Annotation: a sp. nov. reference for Azolla filiculoides
    Type Specimens HT: Azolla filiculoides»
     
  2. 2,0 2,1 Hussner, A. (2006). «NOBANIS -- Invasive Alien Species Fact Sheet -- Azolla filiculoides» (PDF). Online Database of the North European and Baltic Network on Invasive Alien Species. Heinrich Heine University, Düsseldorf. Consultado o 19 de febreiro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Natural History Museum. 2012. Azolla filiculoides. Conservation. PDF.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Fagúndez, J. & Barrada, M. 2007. Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. PDF.
  5. Galán, P. 2012. Declive de una población de Bufo calamita por invasión de la planta Azolla filiculoides. Bol. Asoc. Herpetol. Esp. 23: 113-116. PDF
  6. Fernández, J. L.; Fernández, E. & Alonso-Zarazaga, M. A. 2005. "Primera cita de Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1835 en la Península Ibérica (Coleoptera, Erirhinidae)". Graellsia, 61(1): 139-140. PDF.
  7. Mor, J.-R.; Coral, L.; Masferrer, J.; Sala, J.; Font, J. & Boix, D. 2010. Presence of the exotic weevil Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1836 (Coleoptera: Erirhinidae) in Ter River (NE Iberian Peninsula). Boletín de la SEA, 46: 367-372

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Welsh Ferns. National Museum of Wales. ISBN 0-7200-0210-9.
  • Sainty, G. & Jacobs, S. (2003) Waterplants in Australia. Sainty and Associates, Potts Point, Sydney, Australia. ISBN 0-9581055-1-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]