Azolla caroliniana
Azolla caroliniana | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Azolla caroliniana | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Azolla caroliniana Willd., 1810. | |||||||||||||||
Variedades | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Azolla caroliniana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.[1]
É un pequeno fieito acuático flotante orixinario do Canadá e os Estados Unidos, que posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno. Reprodúcese rapidamente por fragmentación.
Como outras salviniáceas é unha planta invasora.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1810 polo farmacéutico e botánico alemám Carl Ludwig Willdenow nas páxinas 541 e 542 da obra de Linneo Species Plantarum, Editio quarta, post Reichardianam quinta, adjectis vegetabilibus hucusque cognitis olim curante Carolo Ludovico Willdenow. Tomvs V. Berolini. Impensis G. C. Nauk, 1810.[2][3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Azolla.
O epíteto específico, caroliniana é un termo do latín científico que se significa "das Carolinas" (colonias de Nova Inglaterra, hoxe nos Estados Unidos de América), en referencia á súa área de distribución.[5]
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[6][7] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[8] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, inclúen o seu único xénero na familia das salviniáceas.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo protónimo cuñado por Willdenow, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Azolla bonariensis Bertol.
- Azolla densa Desv.
- Azolla portoricensis Spreng.
- Carpanthus axillaris Raf.
- Salvinia azolla Raddi
Variedades
[editar | editar a fonte]Na especie recoñécense dúas variedades:[4]
- Azolla caroliniana var. americana Nutt., 1818
- Azolla caroliniana var. caroliniana Willd., 1810
Características
[editar | editar a fonte]Son pequenas plantas de 0,5 a 1 cm de lonxirude, dicotomicamente ramificadas, con frondes duns 0,5 mm, case lisas, non cercanamente imbricadas. Teñen de 8 a 400 microsporangios reunidos nun indusio, con gloquidios sen septos ou, raramente, con un ou dous. Descoñécese se teñen macrósporas.[4]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Viven en augas estancadas, charcas, pantanos, brañas e lamazais, en zonas entre 0 e os 700 m de altitude. A súa área de distribución orixinaria é o Canadá, o leste dos Estados Unidos, Mesoamérica, Colombia, Venezuela, as Güianas, o Perú, o sur do Brasil, o Uruguai, o norte da Arxentina, e nas illas de Cuba, Porto Rico e Xamaica.[4]
Usos
[editar | editar a fonte]Azolla caroliniana ten diversos usos:
- Úsase frecuentenmente como planta decorativa nos acuarios.
- Antigamente foi utilizada como forraxe na India e no Extremo Oriente para alimentar a peixes e aves,[9] co risco, en certos contextos, de concentrar metais pesados, non metais ou radionucleidos.
- Rica en nitróxeno, foi utilizada (e aínda se usa) como fertilizante verde,[9] nos cultivos de arroz,[10] (cos mesmos riscos indicados máis arriba), e tendo en conta que as alfombras desta planta tamén permitían suprimir as malas herbas.[10]
- Azolla caroliniana presenta un potencial de fitodepuración da auga, en particular pola extracction de metais peados, como o mercurio, o cromo III e o cromo VI,[11] e tamén se comprobou en 2012 que presenta un factor de bioconcentración interesante para o cobre (Cu), o cromo (Cr), o chumbo (Pb) e o níquel (Ni), metais tóxicos que poden así seren extraídos das augas contaminadas por cinzas de carbón.[12][13]
Galería
[editar | editar a fonte]-
'Alfombra' de Azolla caroliniana sobre unha superficie de auga
-
Azolla caroliniana (apardazada) con Lemna sp. (verde) nun estanque pequeno
-
Primeiro plano de Azolla caroliniana para ver o seu tamaño en relacón cun dedo humano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Azolla Lam. en World Flora Online. Consultado o 25 de marzo de 2021.
- ↑ Azolla caroliniana Willd. en World Flora Online. Consultado o 25 de marzo de 2021.
- ↑ Azolla caroliniana Willd., Species Plantarum, 4ª ed. [Willdenow 5: 541.] no IPNI. Consultado o 25 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Azolla caroliniana Willd., Sp. Pl. 5 (1): 541. no GBIF. Consultado o 25 de marzo de 2021.
- ↑ Brown, R. W. (2000): Composition of Scientific Words. Washington, D.C., USA: Smithsonian Institution. ISBN 978-1-5609-8848-9-
- ↑ Salviniales Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine. no ITIS. Consultado o 21 de marzo de 2021.
- ↑ Azollaceae en floravascular.com
- ↑ Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS.
- ↑ 9,0 9,1 Azolla’s uses en The Azolla Foundation.
- ↑ 10,0 10,1 Thomas A. Lumpkin & Donald L. Plucknett (1980): "Azolla: Botany, physiology, and use as a green manure". Economic Botany 34: 111–153.
- ↑ R. Bennicelli & Z. Stępniewska (2004):, "The ability of Azolla caroliniana to remove heavy metals (Hg(II), Cr(III), Cr(VI))". Chemosphere 55 (1): 141-146.
- ↑ Vimal Chandra Pandel (2012): "Phytoremediation of heavy metals from fly ash pond by Azolla caroliniana". Ecotoxicology and Environmental Safety 82 (1): 8-12.
- ↑ Stepniewska, Z., Bennicelli, R. P., Balakhina, T. I., Szajnocha, K., Banach, A. M., & Wolinska, A. (2005): "Potential of Azolla caroliniana for the removal of Pb and Cd from wastewaters". International Agrophysics 19 (3): 251-255.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Azolla caroliniana |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Azolla caroliniana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- C. van Hove & A. Lejeune (2002): "The Azolla–Anabaena Symbiosis". Biology and Environnment, en Proceedings of The Royal Irish Academy 102B (1): 23–26. (Texto competo en PDF).
- P. A. Saccardo (1892): "De diffusione Azollae caroliniamie per Europam. Hedwigia 31: 217–218.
- R. K. Godfrey & Grady W. Reinert (1961): "Observations on Microsporocarpic Material of Azolla caroliniana". American Fern Journal 51 (2): 89-92.