Indusio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esporanxio dunha briófita ou musgo.

O indusio é unha superficie membranosa ou pelosa presente nos fieitos que recobre os esporanxios[1]. A súa misión é protexer aos esporanxios das condicións ambientais desfavorables mentres as esporas non maduran. Unha vez que a formación das esporas rematou permiten a liberación das mesmas.

Xeralmente a forma do indusio é laminar, aínda que cada xénero pode ter a súa morfoloxía propia, podendo ter forma lanceolada, lineal, tubular, de ril... [2][3] No que respecta á orixe do indusio, esta é epidérmica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.definicion.org/indusio Ficha (en castelán)
  2. http://www.alrfoto.com/glosario/indusio.php Ficha (en castelán)
  3. http://www.mobot.org/mobot/tropicos/meso/Glossary/G682.html Ficha (en castelán)