O Premio Memorial Astrid Lindgren (en sueco: Litteraturpriset till Astrid Lindgrens minne e en inglés Astrid Lindgren Memorial Award) é un premio internacional de literatura infantil establecido polo goberno sueco en 2002 para honrar á autora sueca para nenos Astrid Lindgren , nada en 1907 e finada en 2002. O premio é de cinco millóns de SEK, o que o converte no maior premio monetario en literatura infantil e nun dos premios literarios máis ricos do mundo. O custo anual de 10 millóns de SEK (en 2008) está financiado con diñeiro fiscal.[1]
O premio Lindgren recoñece anualmente a unha ou máis persoas vivas e institucións existentes (doce nos primeiros dez anos): persoas polas súas contribucións profesionais e institucións polo seu traballo sostible a longo prazo. En concreto deberían ser "autores, ilustradores, contacontos orais e promotores da lectura" cuxos "traballos sexan de máxima calidade, e co espírito de Astrid Lindgren". O obxecto do premio é aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil, e promover os dereitos dos nenos á cultura a nivel mundial.
É administrado polo Consello das Artes Sueco financiado exclusivamente polo goberno central.[2] Oficialmente, o premio titúlase "Un premio do pobo sueco ao mundo". A cerimonia de entrega do premio está presidida pola princesa herdeira Vitoria de Suecia.
"Os galardoados son elixidos por un xurado con ampla experiencia en literatura internacional infantil e xuvenil, promoción da lectura e dereitos da infancia. Os 12 membros inclúen autores, críticos literarios e estudosos, ilustradores e bibliotecarios. Un membro representa á familia de Astrid Lindgren."
O ciclo anual comeza a máis tardar en decembro uns 9 meses antes de anunciar os nomeados, 15 meses antes de anunciar o gañador e 18 meses antes da presentación.
Nos primeiros dezasete ciclos anuais até 2018 houbo 18 destinatarios, quince persoas e tres institucións. Houbo dous premios inaugurais en 2003 e dous de novo en 2005.
Project for the Study of Alternative Education in South Africa (PRAESA)
Suráfrica
2016
Meg Rosoff
Estados Unidos/Reino Unido
2017
Wolf Erlbruch
Alemaña
2018
Jacqueline Woodson
Estados Unidos
2019
Bart Moeyaert
Bélxica
2020
Baek Hee-Na
Corea do Sur
2021
Jean-Claude Mourlevat
Francia
2022
Eva Lindström
Suecia
2023
Laurie Halse Anderson
Estados Unidos
Cinco dos gañadores do premio Lindgren gañaron tamén antes o premio internacional Hans Christian Andersen máis antigo polas súas contribucións de por vida á literatura infantil: Sendak e Erlbruch como ilustradores; Nöstlinger, Nunes e Paterson como escritores. En 2020, Woodson tamén gañou o premio Andersen como escritor. (Astrid Lindgren gañou o Premio Andersen en 1958).