Grupo Abrente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Grupo Abrente, denomidado tamén Xeración Abrente ou Grupo de Ribadavia, fai referencia a un conxunto de dramaturgos que participaron ou que se deron a coñecer nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, entre os anos 1973 e 1980.

Formacións do grupo[editar | editar a fonte]

A conformación do grupo varía segundo os estudosos.

Segundo Riobó[editar | editar a fonte]

Para Pedro Pablo Riobó, serían autores da Xeración Abrente: Xosé Agrelo Hermo, Xoán Babarro, Ramón Blanco Rey, Marica Campo, Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Manuel Domínguez Quiroga, Anxo Eiriz Mouriz, Ana María Fernández Martínez, Maximino Fernández Queizán, Dores González Lorenzo, Xulio González Lorenzo, Manuel Guede, Manuel Lourenzo, Millán Picouto, Teodoro Piñeiro Alonso, Xosé Manuel Rabón Lamas, Ana Isabel Rodríguez Bernárdez, Euloxio R. Ruibal, Francisco Taxes, Pablo Vaamonde García, Camilo Valdeorras, Xosé Vázquez Pintor e Roberto Vidal Bolaño.

Segundo Vieites[editar | editar a fonte]

Pola súa parte, Manuel F. Vieites, estima que son autores destacados do Grupo de Ribadavia: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Vidal Bolaño, Agrelo Hermo, Carballo Ferreiro, Vázquez Pintor, Teodoro Piñeiro e Millán Picouto. Camilo Valdeorras e Manuel Guede, xunto con autores como Constantino Rábade Castiñeira, Xosé Manuel Pazos Varela ou Alberto Avendaño, serán os escritores dramáticos que funcionen de ponte entre Abrente e as últimas promocións.

Segundo Tato Fontaíña[editar | editar a fonte]

Finalmente, na opinión de Laura Tato Fontaíña, non hai dúbida de que deben ser incluídos no grupo Abrente: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Roberto Vidal Bolaño, Xosé Agrelo Hermo, Millán Picouto e Francisco Taxes. Fóra destes nomes, manifesta as súas dúbidas con respecto a que o número de dramaturgos pertencentes a este grupo puidese aumentar.

A pesar disto, non hai ningún autor que negue a importancia deste grupo de escritores dramáticos dentro da historia do Teatro Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]