Saltar ao contido

Trastornos do ritmo cardíaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arritmia»)
Arritmia
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Ritmo sinusal do corazón, alterado nas arritmias.
 Oposto a
 Causa de
 Estudado por
Características
 Especialidade médica
 Afecta a
 Fármacos para tratamento
Identificadores
Freebase/m/01pf6 Editar o valor en Wikidata
MeSHD001145 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC2881 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2K80 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB15206 Editar o valor en Wikidata
CIE-111457291912 Editar o valor en Wikidata
CIE-9427 Editar o valor en Wikidata
OMIM115000 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001101 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2909456097 e C2988455589 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Un trastorno do ritmo cardíaco ou arritmia cardíaca é unha alteración na sucesión de latexos cardíacos.[1] Pódese deber a cambios na frecuencia cardíaca, tanto porque acelere (taquicardia coma porque mingüe bradicardia. Considérase tamén arritmia cando o ritmo do corazón é irregular, trastorno que pode ser producido por unha alteración do marcapasos fisiolóxico do corazón (nó sinusal) ou do sistema de condución cardíaco, ou por aparición de marcapasos ectópicos (focos do corazón que exercen a función do nó sinusal de xeito patolóxico).

As bradiarritmias ou trastornos lentos do ritmo cardíaco, resultan da produción inaxeitada de impulsos que proveñen do nó sinusal ou dun bloqueo da propagación do impulso, e poden causar hipotensión e até a perda da conciencia.

As taquiarritmias ou trastornos acelerados do ritmo cardíaco, poden ser de orixe auricular ou ventricular, sendo estas últimas máis perigosas podendo máis a miúdo producir colapso ou mesmo a morte.

Os trastornos do ritmo cardíaco atópanse entre as 20 primeiras causas de discapacidade na poboación anciá.[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos trastornos do ritmo cardíaco categorízanse en cinco grupos:

  1. Arritmias sinusais
    1. Bradicardia sinusal
    2. Taquicardia sinusal
    3. Arritmia sinusal
    4. Síndrome do nó doente
    5. Paro sinusal.
    6. Bloqueo sino-auricular.
  2. Arritmias supraventriculares
    1. Fibrilación auricular
    2. Flutter
    3. Taquicardia auricular paroxística
  3. Ritmos de unión auriculoventricular (AV)
    1. Taquicardia da unión
    2. Ritmo acelerado da unión
    3. Bloqueo auriculoventricular
  4. Contraccións prematuras ou latexos cardíacos ectópicos
    1. Contracción auricular prematura
    2. Contracción prematura da unión
    3. Contracción ventricular prematura
  5. Arritmias ventriculares sostidas
    1. Taquicardia ventricular
    2. Fibrilación ventricular
  1. Medline Plus (ed.). "Arritmias". Consultado o 2 de febreiro de 2014. 
  2. Ministerio de Salud. Gobierno de Chile. (ed.). "Trastornos de xeración do impulso cardíaco e condución." (PDF). Consultado o 2 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]