Saltar ao contido

Nó sinusal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nó sinusal
nodus sinuatrialis Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Irrigado por
Identificadores
Freebase/m/02v05p Editar o valor en Wikidata
MeSHD012849 Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.1.06.003
CIE-111419358023 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778542873 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O nó sinusal, ou nó sinoauricular,[1] (abreviado SA), tamén chamado nó sinoatrial ou de Keith e Flack, é unha das estruturas que compón o sistema de condución do corazón; recibe o nome común de «marcapasos do corazón». Polo xeral, é onde se orixina o impulso eléctrico que da orixe ao latexo cardíaco. Atópase na parede posterolateral superior da aurícula dereita, xusto debaixo da desembocadura da vea cava superior. É unha estrutura fusiforme dende o punto de vista morfolóxico, cun tamaño proporcional ao tamaño do corazón, o cal varía entre os 5 mm e os 30 mm, cunha media de 15 mm de extensión por 5 mm de grosor, variando de 1,5 mm a 5 mm.

Histoloxicamente atópase formado por un conxunto de células (células P, células transicionais e células da fibra de Purkinje) en íntima relación con fibras do sistema nervioso autónomo e fibras coláxenas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]