Válvula tricúspide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gray495.png

A válvula tricúspide é unha válvula que separa dúas cavidades do corazón, a aurícula dereita e o ventrículo dereito. Está composta dun anel de sustentamento, que fixa os tres componentes ou cúspides, de aí onde se orixina seu nome. Na diástole cardíaca atópase aberta, permitindo a circulación do sangue dende a aurícula cara o ventrículo. Cando acontece a sístole ventricular, esta válvula pecha, impedindo que o sangue recúe á aurícula.