Taquicardia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Taquicardia
Electrocardiogram of Ventricular Tachycardia.png
Electrocardiograma cunha taquicardia ventricular (VT).
EspecialidadeCardioloxía
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A taquicardia[1] (do grego ταχύς, "tajýs", veloz, e καρδία, "cardía", corazón) é a aceleración da frecuencia cardíaca debida á contracción demasiado rápida dos ventrículos. Considérase cando a frecuencia cardíaca é superior a 100 latexos por minuto en repouso. Adoita ser máis común nas mulleres ca nos homes.

Pode ter causas fisiolóxicas, por exemplo, se se realiza actividade física intensa, no caso de obstrución das vías respiratorias ou ante emocións intensas, como a fobia, a ansiedade ou calquera outra emoción derivada do estrés.

Porén, pode estar asociada a procesos patolóxicos como a anemia, a diabetes mellitus, as hemorraxias, o insomnio ou os problemas de sono, o shock, a insuficiencia renal, a depresión, a infección dalgún órgano, a ansiedade excesiva e outros. Tamén pode ser causada polo consumo de certas substancias, como o tabaco, o alcol, o abuso da cafeína, o consumo habitual de drogas estimulantes como a cocaína e as anfetaminas ou o funcionamento deficitario da tiroide. Porén, a taquicardia por si soa non afecta a esperanza de vida de maneira significativa.

Un electrocardiograma permite detectar posíbeis trastornos do ritmo cardíaco. Nalgúns casos cómpre a colocación dun Holter, dispositivo que, acoplado ao corpo, permite rexistrar a actividade eléctrica do corazón.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Son características as palpitacións, que inclúen mareo constante e tremor no peito. Nos casos máis graves de taquicardia dáse debilidade, afogamentos e desmaio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para taquicardia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]