Congro das Baleares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ariosoma balearicum»)
Congro das Baleares
Ariosoma balearicum

Cabeza de congro das Baleares
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Congridae
Subfamilia: Bathymyrinae
Xénero: Ariosoma
Especie: A. balearicum
Nome binomial
Ariosoma balearicum
(Delaroche, 1809) [1]
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Ariosoma impressa (Poey, 1860)
  • Ariosoma minor Howell Rivero, 1934
  • Ariosoma somaliense Kotthaus, 1968
  • Conger auratus Costa, 1844
  • Conger balearicus (Delaroche, 1809)
  • Conger cassini (Risso, 1810)
  • Conger impressus Poey, 1860
  • Congermuraena balearica (Delaroche, 1809)
  • Congrellus balearicus (Delaroche, 1809)
  • Congromuraena balearica (Delaroche, 1809)
  • Congromuraena impressa (Poey, 1860)
  • Echelus ciuciara Rafinesque, 1810
  • Helmichthys diaphanus Costa, 1844
  • Leptocephalus affinis Facciolà, 1883
  • Leptocephalus eckmani Strömman, 1896
  • Leptocephalus ekmani Strömman, 1896
  • Leptocephalus inornatus Facciolà, 1883
  • Leptocephalus marginatus Kaup, 1856
  • Leptocephalus microphthalmus Beebe & Tee-Van, 1928
  • Leptocephalus rex Eigenmann & Kennedy, 1902
  • Leptocephalus taenia Kaup, 1856
  • Muraena balearica Delaroche, 1809
  • Muraena cassini Risso, 1810
  • Ophiosoma impressus (Poey, 1860)
  • Ophisoma acuta Swainson, 1839
  • Ophisoma balearicum (Delaroche, 1809)
  • Ophisoma impressus (Poey, 1860)

O congro das Baleares,[3] Ariosoma balearicum (Delaroche, 1809), é un peixe da orde dos angüiliformes, familia dos cóngridos e subfamilia dos batimirinos.[4]

Características[editar | editar a fonte]

As principais caracterís desta especie son:[5][6]

  • Lonxitude total que pode alcanzar: 50 cm.
  • Corpo serpentiforme, de tamaño igual a unhas sete veces a lonxitude da cabeza, máis comprimido na rexión caudal que na preanal.
  • Ano un pouco anterior ao centro da lonxitude total.
  • Ollos grosos, co espazo interorbitario plano e moi estreito.
  • Comisura bucal un pouco por diante da vertical do centro do ollo.
  • Inicio da aleta dorsal aproximadamente á altura da base das pectorais.
  • Dorso de cor ocre claro ou gris amarelado, flancos con iridescencias nacaradas e ventre branco.
  • Aletas dorsal e anal abrancazadas o amareladas, orladas de negro.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É unha especie bentónica e litoral que vive sobre fondos areosos, lamacentos ou rochosos até os 732 m de profundidade,[7] pero normalmente encóntrase entre os 20 e os 100 m.[6][8]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Vive en todo o mar Mediterráneo (onde é pouco común),[6] nas costas do océano Atlántico intertropical oriental (desde o sur de Portugal até Angola) e occidental (desde o Canadá até o norte de Suramérica, pasando por Carolina do Norte (Estados Unidos), e o norte do golfo de México,[9] e nas do oeste do océano Índico, incluíndo o mar Vermello.[10]

Alimentación[editar | editar a fonte]

O congro das Baleares ten unha dieta carnívora.[11]

Pesca[editar | editar a fonte]

A especie é obxecto de pesca comercianl no Atlántico centroocciental e centrooriental, no Mediterráneo e no Índico oriental.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Delaroche, F. E. (1809): "Suite du mémoire sur les espèces de poissons observées à Iviça. Observations sur quelques-uns des poissons indiqués dans le précédent tableau et descriptions des espèces nouvelles ou peu connues". Ann. Mus. Hist. Nat. Paris. v. 13: 313-361, Pls. 20-25.
  2. Ariosoma balearicum (Delaroche, 1809) no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103.
  4. The Taxonomicon (en inglés)
  5. Duran, Miquel(2007): Noms i descripcions dels peixos de la Mar Catalana. Tomo I, Àgnats, Condrictis, Osteïctis (1ª part). Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 978-84-273-6508-7. Páx. 323.
  6. 6,0 6,1 6,2 Bauchot e Pras (1982), pp. 107-108.
  7. Smith, D. G. (1990). Congridae. p. 156-167, en J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, Paris e UNESCO, Paris. Vol. 1.
  8. Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. Núm. 16. 429 p.
  9. Robins, C. R. e G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, Estados Unidos: Houghton Mifflin Company.
  10. Ariosoma balearicum (Delaroche, 1809) en FishBase (en inglés)
  11. Bauchot, M. L. e L. Saldanha (1986). Congridae (including Heterocongridae), pp. 567-574, en P. J. P. Whitehead, M. L. Bauchot, J. C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. vol. 2. UNESCO, Paris.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bauchot, M. L. (1987): "Poissons osseux", p. 891-1421 en W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes et FAO, Roma, Italia.
  • Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Cheung, W. W. L., T. J. Pitcher e D. Pauly (2005): "A fuzzy logic expert system to estimate intrinsic extinction vulnerabilities of marine fishes to fishing". Biol. Conserv. 124: 97-111.
  • Helfman, G., B. Collette e D. Facey (1997): The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts (Estados Unidos).
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
  • Moyle, P. e J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world. 4ª edición. John Wiley & Sons, Inc. Hoboken, Nova Jersey, Estadios Unidos. 601 p.
  • Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña]]. 329 p.
  • Wheeler, A. (1985): The World Encyclopedia of Fishes, 2ª edición, Londres: Macdonald.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]