François-Étienne de La Roche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Delaroche»)
Infotaula de personaFrançois-Étienne de La Roche
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1781 Editar o valor em Wikidata
Xenebra Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 1813 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 25
Grave of Delaroche-Dumeril (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Société anatomique de Paris (en) Traducir
1805 – 1806 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepublic of Geneva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista , botánico , médico , ictiólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaF.Delaroche Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisDaniel de La Roche (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Marie Castanet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMichel Delaroche (pt) Traducir e Alphonsine de La Roche (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

François-Étienne de La Roche, ou Delaroche, como é máis coñecido, nado 1781 en Xenebra e finado en 1813 en París, foi un médico e naturalista suízo.

Era fillo de Daniel De la Roche (1743-1812), médico de Xenebra formado e Edimburgo e amigo de Louis Odier (1748-1817). Despois de exercer a medicina durante varios anos en Xenebra, Delaroche pai trasladouse a París como médico do duque de Orleáns (o que foi chamado Filipe Igualdade, pai do rei de Francia Lois Filipe I). Máis tarde traballou como médico na Casa de Saúde do Faubourg Saint-Martin.

François Delaroche é sobre todo conñecido polos seus traballos sobre a calor específica dos gases, efectuados conxuntamente con Jacques-Etienne Bérard, polos que recibiu en 1812 o gran premio de física da Académie des sciences de París.

Así mesmo é moi famoso polos seus traballos de zooloxía, concretamente sobre os peixes, en particular as súas Observations sur des poissons recueillis dans un voyage aux îles Baléares (1809), Observations sur quelques poissons indiqués dans le précédent tableau et descriptions des espèces nouvelles ou peu connues (1809) e Observations sur la vessie aérienne des poissons.