Angüiliformes
Angüiliformes Anguilliformes Rango fósil: cretáceo - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anguía (Anguilla anguilla) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretáceo medio.
O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".
A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.
Características
[editar | editar a fonte]Presentan un corpo tipicamente moi alongado, serpentiforme (morfoloxía á que debe o nome do grupo). Adoitan teren a pel núa, sen escamas, e cando as teñen son de tipo cicloide, e están embebidas na pel.[2][3]
A abertura das branquias adoita ser moi estreita e desprazada no corpo cara a atrás; os maxilares posúen dentes ben formados en toda a boca. Todos teñen vexiga natatoria..[2][3]
Carecen de aletas pelvianas e mesmo do esqueleto no que se basearían estas aletas. As aletas pectorais tamén faltan nalgunhas especies e, aquelas que as presentan, téñenas en posición moi alta.
As aleta dorsal e anal adoitan estaren unidas á caudal, que é pequena e con raios curtos.[2][3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en tres subordes cun total de 15 familias:[4]
- Suborde Anguilloidei
- Familia Anguillidae
- Familia Heterenchelyidae
- Familia Moringuidae
- Suborde Muraenoidei
- Familia Chlopsidae
- Familia Muraenidae
- Familia Myrocongridae
- Suborde Congroidei
- Familia Colocongridae
- Familia Congridae
- Familia Derichthyidae
- Familia Muraenesocidae
- Familia Nemichthyidae
- Familia Nettastomatidae
- Familia Ophichthidae
- Familia Serrivomeridae
- Familia Synaphobranchidae
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Angüiliformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Angüiliformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anguilliformes Arquivado 04 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en Fauna Europaea. (en inglés)
- Anguilliformes en ADW. (en inglés)
- "Anguilliformes". ARKive. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 05 de febreiro de 2014. (en inglés)