Thom Yorke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thom Yorke
Yorke no 2016.
Nome completoThomas Edward Yorke
Data nacemento7 de outubro de 1968 (55 anos)
Nado enWellingborough, Northamptonshire Inglaterra
CónxuxeRachel Owen e Dajana Roncione
IrmánsAndy Yorke
Ocupaciónguitarrista, cantante, compositor, cantautor, pianista e ecoloxista
XéneroRock alternativo, música electrónica
Instrumento(s)Voz, guitarra, piano, teclado
Relacionado conRadiohead, Atoms for Peace, Unkle, Björk
Tempo en activo1985 - actualidade
Na rede
http://www.radiohead.com/
IMDB: nm0948810 Allocine: 247277 IBDB: 502658
Facebook: Thom-Yorke-Frontman-of-Radiohead-126404692173 Twitter: thomyorke Instagram: thomyorke Tumblr: whathaveyoudonetomyface MySpace: thomyorkemusic Youtube: UC9BJwi8Q2AiLtLHdGlWqsrQ Bandcamp: thomyorke Spotify: 4CvTDPKA6W06DRfBnZKrau iTunes: 39753073 Last fm: Thom Yorke Musicbrainz: 8ed2e0b3-aa4c-4e13-bec3-dc7393ed4d6b Songkick: 220083 Discogs: 4854 Allmusic: mn0000588887 Deezer: 5806 Genius: Thom-yorke Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thomas Edward Yorke, nado en Wellingborough (Northamptonshire) o 7 de outubro de 1968, é un músico inglés coñecido por ser o vocalista e principal compositor das bandas de rock alternativo Radiohead e Atoms for Peace, aclamado polo seu ton vocal e o seu uso do falsetto. Como multi instrumentalista, el toca principalmente a guitarra e o piano, aínda que tamén ten tocado o sintetizador, o baixo e a batería, así como outros instrumentos, facendo tamén uso de máquinas electrónicas como os samplers e as caixas de ritmos. Nos anos 90', Thom Yorke era coñecido por ser un músico da variante rock, pero dende o ano 2000, coa publicación do álbum Kid A, mostrou a expansión da súa músca rock engadindo sons electrónicos. Ademais de ser o membro principal de Radiohead, editou dous álbums en solitario: The Eraser (2006) e Tomorrow's Modern Boxes (2014). Fóra da música, Yorke é un activista político en prol dos dereitos humanos, dos movementos ecoloxistas e as causas anti-guerra.

Yorke ten sido citado como unha das figuras máis influentes da industria musical. No ano 2002 a revista Q Magazine nomeouno o músico británico máis intenso, e no 2005, Radiohead quedou no posto 73 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores artistas de todos os tempos. Yorke tamén foi citado entre os mellores vocalistas da historia da música popular. Nunha enquisa do ano 2005, feita pola revista Blender, e a canle MTV2, Yorke foi votado o 18º mellor cantante de todos os tempos, e no 2008 foi posto no número 66 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores vocalistas de todos os tempos.