Saltar ao contido

The Car

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Car
Arctic Monkeys Editar o valor en Wikidata
 Título
   The Car (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Distribuidor/a
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
21 de outubro de 2022 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Cifras e dimensións
 Número de partes
   10 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
Spotify: 2GROf0WKoP5Er2M9RXVNNs Apple Music: 1639369016 Last fm: Arctic+Monkeys/The+Car Discogs: 2830043 Allmusic: mw0003793654 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Car é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa de indie rock Arctic Monkeys, publicado o 21 de outubro de 2022 a través do selo Domino Recording Company. Foi composto polo líder do grupo Alex Turner na súa casa dos Ánxeles. Gravouse entre París, Suffolk e Londres coa produción do colaborador habitual do grupo James Ford, xunto cos músicos invitados Tom Rowley, Loren Humphrey e Tyler Parkford. Foi arranxado por Bridget Samuels e Turner. O batería Matt Helders sacou a fotografía da portada, que representa un coche branco nun aparcadoiro baleiro. O seu título refírese a dita portada e á abundancia de referencias a vehículos nas letras.

The Car baséase no son do anterior disco da banda, Tranquility Base Hotel and Casino (2018). Conta cunha ampla gama de xéneros que inclúen rock orquestral, lounge pop, baroque pop e funk, así como elementos de jazz. Tamén está influenciado pola música soul, a electrónica, o glam rock, a bossa nova, o pop tradicional e a música de películas antiga.

O álbum foi aclamado pola crítica tras o seu lanzamento. Os críticos loubaron a progresión artística da banda, a produción do álbum e as letras de Turner. O traballo estreouse no número 2 en dez países, incluído o Reino Unido, non chegando ao primeiro lugar por mor do disco Midnights de Taylor Swift.[1] Foi o primeiro álbum de Arctic Monkeys que non chegou ao número 1 da lista británica. O disco foi promovido polos sinxelos "There'd Better Be a Mirrorball", "Body Paint" e "I Ain't Quite Where I Think I Am". The Car acadou o posto 6 da lista estadounidense Billboard 200.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Alex Turner, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "There'd Better Be a Mirrorball"    4:25
2. "I Ain't Quite Where I Think I Am"    3:11
3. "Sculptures of Anything Goes"   3:59
4. "Jet Skis on the Moat"   3:17
5. "Body Paint"    4:50
6. "The Car"    3:18
7. "Big Ideas"    3:57
8. "Hello You"    4:04
9. "Mr Schwartz"  
  • Turner
  • Rowley
3:30
10. "Perfect Sense"    2:47
37:18
  1. "Official Albums Chart Top 100". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-11-05.
  2. Cabison, Rosalie (2013-01-02). "Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2022-11-05.