Five Minutes with Arctic Monkeys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Five Minutes with Arctic Monkeys
EP de Arctic Monkeys
Data de edición: 30 de maio de 2005
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: maio de 2005
Estudio(s) de gravación:
Duración: 6:11
Xénero musical: garage rock, indie rock
Selo discográfico: Bang Bang Recordings
Producido por: Mike Crossey
Cronoloxía
Beneath the Boardwalk Five Minutes with Arctic Monkeys Who the Fuck Are Arctic Monkeys?

Five Minutes with Arctic Monkeys é o EP de estrea da banda inglesa de indie rock Arctic Monkeys, publicado o 30 de maio de 2005 a través do selo Bang Bang Recordings, creado polo grupo co único propósito de lanzar o EP. Considerouse o nome de Bang Bang como posible nome para o grupo.

Só se puxeron en circulación 1.500 CD e 1.500 vinilos, polo que na actualidade é pouco frecuente e é moi buscado polos seareiros da banda. Ámbalas dúas cancións foron regravadas e incluídas no seu álbum de estrea, Whatever People Say I Am, That's What I'm Not (2006).

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Fake Tales of San Francisco"   3:00
2. "From the Ritz to the Rubble"   3:11