Tranquility Base Hotel & Casino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tranquility Base Hotel & Casino
Álbum de Arctic Monkeys
Publicado11 de maio de 2018
Gravación2016 - 2018
Estudio(s)La Frette, París
Vox, Os Ánxeles
Londres (estudo descoñecido)
Lunar Surface, Os Ánxeles
Duración40:51
Xénero(s)pop psicodélico, lounge pop, space pop, glam rock
Selo(s)Domino
Producido porJames Ford, Alex Turner
Cronoloxía
AM
(2013)
Tranquility Base Hotel & Casino Live at the Royal Albert Hall
(2020)

Tranquility Base Hotel & Casino é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de indie rock Arctic Monkeys, publicado o 11 de maio de 2018 a través do selo Domino Recording Company. Foi composto polo líder do grupo Alex Turner en 2016 nun piano Steinway Vertegrand na súa casa dos Ánxeles. Gravouse nos Anxeles, París e Londres coa produción do habitual colaborador da banda James Ford e de Turner, xunto con varios músicos invitados como Tom Rowley, Loren Humphrey, James Righton, Zach Dawes, Tyler Parkford e Cam Avery. Turner deseñou tamén a portada do disco, que representa o resort con recortes de cartón e un gravador de cinta. O seu título fai referencia a Tranquility Base, o lugar da aluaxe do Apollo 11 en 1969.

Tranquility Base Hotel & Casino afástase bastante do anterior son guitarreiro da banda, sendo menos accesible que o seu exitoso predecesor AM (2013). Conta cun son rico que encarna ao pop psicodélico, lounge pop, space pop, e glam rock, e ten tamén elemento do jazz. Tamén ten influencias de soul, rock progresivo, funk, pop francés e música de películas dos 60. Instrumentalmente incorpora sintetizadores vintage e teclados, incluídos órganos, pianos, clavicémbalos e dolceola, ademais de Orchestron, Farfisa e RMI Rocksichord. A banda introduciu en varios temas guitarra barítona e lap steel, ademais de guitarras acústicas e eléctricas usadas normalmente polo grupo, xunto con distintos instrumentos de percusión como timbais rotatorios e vibráfonos. O seu contido lírico está fortemente influenciado pola ciencia ficción e o cine, explorando consumismo, política, relixión e tecnoloxía a través do concepto dun resort de luxo na Lúa fala dende a perspectiva de varios personaxes, como o cantante da banda residente en "Star Treatment" ou o recepcionista do hotel no tema "Tranquility Base Hotel & Casino".

A pesar de que a súa desviación estilística polarizou aos oíntes, Tranquility Base Hotel & Casino tivo polo xeral boas críticas e foi nomeado mellor álbum de 2018 pola revista Q.[1] Foi nomeado ao Mercury Prize de 2018 e ao Grammy a mellor álbum de música alternativa.[2] O sinxelo "Four Out of Five" foi nomeado ao Grammy a mellor interpretación de rock.[2] Converteuse no sexto número 1 consecutivo da banda no Reino Unido, o vinilo máis rapidamente vendido no país en 25 anos, e o terceiro top 10 nos Estados Unidos. O disco tamén chegou ao número 1 nas listas de Australia, Bélxica, Países Baixos, Francia, Grecia, Portugal, Escocia e Suíza. Tras o seu lanzamento, o álbum foi promocionado polos sinxelos "Four Out of Five" e "Tranquility Base Hotel & Casino", así como por unha xira global e múltiples aparicións en televisión.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Alex Turner

N.º Título Duración
1. "Star Treatment"   5:54
2. "One Point Perspective"   3:28
3. "American Sports"   2:38
4. "Tranquility Base Hotel & Casino"   3:31
5. "Golden Trunks"   2:53
6. "Four Out of Five"   5:12
7. "The World's First Ever Monster Truck Front Flip"   3:00
8. "Science Fiction"   3:05
9. "She Looks Like Fun"   3:02
10. "Batphone"   4:31
11. "The Ultracheese"   3:37
40:51

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pearis, Bill. "Q Magazine's Top 50 Albums of 2018". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2022-06-20. 
  2. 2,0 2,1 "2019 GRAMMY Awards: Complete Nominees And Winners List". www.grammy.com. Consultado o 2022-06-20.