The Last Shadow Puppets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
The Last Shadow Puppets
The Last Shadow Puppets, Rock en Seine 2016, Paris (29772780785).jpg
OrixeInglaterra Inglaterra
Período2007 - presente
Xénero(s)baroque pop
Selo(s) discográfico(s)Domino
MembrosAlex Turner
Miles Kane
James Ford
Zach Dawes
Artistas relacionadosArctic Monkeys, Mini Mansions, Simian, Simian Mobile Disco, Owen Pallett, Guards
Páxina webthelastshadowpuppets.com

The Last Shadow Puppets é un supergrupo inglés formado por Alex Turner (Arctic Monkeys), Miles Kane (The Rascals), James Ford (Simian, Simian Mobile Disco), e Zach Dawes (Mini Mansions). Nos directos tamén teñen tocado con eles Loren Humphrey (Guards) e Tyler Parkford (Mini Mansions). A banda publicou o seu álbum de estrea, The Age of the Understatement en 2008. Tras un longo hiato a banda regresou e publicou o seu segundo álbum, Everything You've Come to Expect, no ano 2016.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

En agosto de 2007 a revista NME magazine informou sobre que o vocalista principal de Arctic Monkeys, Alex Turner, e o vocalista principal de The Rascals, Miles Kane, gravarían un álbum co membro de Simian Mobile Disco e antigo batería de Simian James Ford como produtor e batería.[1] Turner e Kane fixéranse amigos cando a anterior banda do segundo, Little Flames, tocara como abreconcertos para Arctic Monkeys na súa xira británica de 2005 UK. Little Flames tamén apoiou a Arctic Monkeys na xira de abril de 2007, cando Turner e Kane compuxeron cancións xuntos para un proxecto colaborativo. A súa colaboración ampliouse cara o material de Arctic Monkeys, con Kane tocando a guitarra en "505", o último tema do seu segundo álbum, Favourite Worst Nightmare, e nas caras b de "Fluorescent Adolescent", "The Bakery" e "Plastic Tramp". Kane tamén foi invitado a tocar "505" e "Plastic Tramp" en varios concertos de Arctic Monkeys en 2007.

A primeira gravación das cancións que finalmente formarían o seu álbum de estrea tivo lugar en Francia en agosto de 2007, engadindo material adicional entre agosto e decembro dese ano. En decembro Owen Pallett foi o encargado de arranxar as cordas, os ventos e a percusión para o disco coa London Metropolitan Orchestra. Durante a gravación do álbum Turner e Kane contrataron a dous documentalistas, Luke Seomore e Joseph Bull, para capturar a historia do proxecto.[2]

The Age of the Understatement[editar | editar a fonte]

O 20 de febreiro de 2008 Miles Kane e Alex Turner revelaron que serían coñecidos como The Last Shadow Puppets e que o seu álbum se titularía The Age of the Understatement e sería publicado o 21 de abril dese mesmo ano. O disco chegou directamente ao número 1 da lista de álbums británica. O seu primeiro sinxelo, "The Age of the Understatement", publicouse o 14 de abril, co novo tema "Two Hearts in Two Weeks" e versións das cancións de Billy Fury "Wondrous Place" e David Bowie "In the Heat of the Morning" como caras b.[3] O dúo dixo que se inspirou en Scott Walker e na primeira etapa de Bowie. Ademais tamén hai influencias dos Beatles e do rock progresivo de finais dos 60 e principios dos 70.

O segundo sinxelo, "Standing Next to Me", publicouse o día 7 de xullo de 2008.[4] Houbo tamén un terceiro sinxelo, "My Mistakes Were Made for You", aparecido en outubro de 2008.[5]

O álbum foi nomeado ao Mercury Music Prize de 2008[6] pero perdeu ante o traballo de Elbow The Seldom Seen Kid.

A banda no estudio Sound Fix en 2008

Everything You've Come to Expect[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista en marzo de 2010 en Absolute Radio, Alex Turner dixo que non tiña plans para material novo. Porén, Kane dixo no mes de outubro dese ano que volverían a xuntarse despois de que rematase co seu proxecto en solitario.[7] En marzo de 2011 Turner confirmou o seu interese en gravar un segundo álbum.[8]

En xaneiro de 2012 Miles Kane confirmou que que se volvería a reunir con Alex Turner para gravar novamente como The Last Shadow Puppets, dicindo que el e Turner gravarían a continuación de The Age Of The Understatement "cando chegue o momento".[9]

O 19 de outubro de 2015 Owen Pallett, que contribuíra cos arranxos de corda en The Age of the Understatement, confirmou que traballaría no segundo álbum da banda a través de Twitter.[10]

Nunha entrevista na páxina chilena Rock & Pop o 17 de novembro de 2015 o produtor James Ford confirmou que o traballo estaba completado e o segundo álbum sería publicado nalgún momento durante a primavera de 2016. Cando foi preguntado sobre o seu recente traballo Ford dixo, "Este ano só fixen un disco de Last Shadow Puppets, que é o rapaz de Arctic Monkeys e Miles. Así que fixemos o seu seguinte álbum. Esa foi a última cousa que fixen".[11]

O 3 de decembro de 2015 a banda editou nos seus perfiles oficiais de Facebook e YouTube un adianto do álbum,[12] confirmando tamén que este sería lanzado nalgún momento da primavera seguinte. Xente como a ex-moza de Turner, Taylor Bagley, e Zach Dawes de Mini Mansions fixeron pequenos cameos no video. Un segundo trailer de adianto apareceu o 28 de decembro. O video amosaba a Kane caracterizado como o loitador Ric Flair xunto con videos do estudio e varias tomas cinematográficas.[13]

O 10 de xaneiro de 2016 a banda publicou o seu primeiro sinxelo dende 2008.[14] A canción, "Bad Habits", estivo acompañada dun video musical filmado co mesmo estilo que os dous trailers de adianto.[15] O 21 de xaneiro o grupo anunciou que o seu segundo álbum tiña como título Everything You've Come to Expect, e que contaría co regreso dos tres anteriores membros da banda, ademais da adición do baixista Zach Dawes. O lanzamento do traballo estaba programado para o 1 de abril.

On 10 de marzo a banda publicou a canción título de Everything You've Come to Expect como terceiro sinxelo. Tamén se publicou un video musical para acompañar ao tema, do cal hai 9 variantes. No video aparecen Turner e Kane enterrados ata o pescozo nunha praia mentres unha muller baila ao redor deles.

O 16 de marzo publicouse o tema "Aviation" como terceiro sinxelo. A canción tivo un video cun estilo semellante ao de "Everything You've Come to Expect" onde Turner e Kane facían un pozo na area da mesma praia onde foran enterrados no anterior clip.

Finalmente o día 29 de marzo lanzouse o cuarto sinxelo, "Miracle Aligner",[16] o derradeiro antes da aparición do álbum.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Age of the Understatement 2008 Domino Recording Company
Everything You've Come to Expect 2016 Domino Recording Company

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arctic Monkeys frontman to record surprise album this month". NME (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 
  2. Kilkelly, Daniel (2008-01-26). "Monkeys star making film about new album". Digital Spy (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 
  3. "Alex Turner and Miles Kane cover David Bowie". NME (en inglés). 2008-03-14. Consultado o 2020-07-14. 
  4. "Standing Next To Me". 2008-07-07. Consultado o 2020-07-14. 
  5. ""My Mistakes Were Made for You"". www.amazon.com. Consultado o 2020-07-14. 
  6. "» Nationwide Mercury Prize nominations announced Bearded Magazine: The home of independent music". web.archive.org. 2008-08-03. Consultado o 2020-07-14. 
  7. "Miles Kane: 'Last Shadow Puppets to return after my solo album'". NME (en inglés). 2010-10-18. Consultado o 2020-07-14. 
  8. "Arctic Monkeys frontman 'would like to write James Bond theme'". web.archive.org. 2011-07-27. Consultado o 2020-07-14. 
  9. "The week's 20 biggest news stories (8 January)". NME (en inglés). 2012-01-06. Consultado o 2020-07-14. 
  10. "Owen Pallett Reveals Work On Second Last Shadow Puppets LP". Stereogum. 2015-10-11. Consultado o 2020-07-14. 
  11. Subscribe. "The Last Shadow Puppets have “finished” their second album". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 
  12. The Last Shadow Puppets (3 de decembro de 2015). TLSP2 (YouTube). 
  13. The Last Shadow Puppets (28 de decembro de 2015). TLSP2 (YouTube). 
  14. "Alex Turner's The Last Shadow Puppets return with 'Bad Habits' - watch". NME (en inglés). 2016-01-10. Consultado o 2020-07-14. 
  15. The Last Shadow Puppets (10 de xaneiro de 2016). The Last Shadow Puppets - Bad Habits (Official Video) (YouTube). 
  16. "Post by Zane Lowe on Apple Music.". Apple Music (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]