Scummy Man
Scummy Man é unha curtametraxe escrita e dirixida por Paul Fraser e producida por Mark Herbert e Diarmid Scrimshaw, baseada na canción "When the Sun Goes Down" dos Arctic Monkeys, e lanzada en DVD o 10 de abril de 2006 por Domino Records. A curta, ao igual ca canción, céntrase na prostitución en Sheffield, e utiliza os mesmos actores co vídeo musical. Versa sobre unha noite na vida da personaxe de ficción 'Nina', drogadicta de 15 anos que traballa como prostituta no suburibio de Neepsend, en Sheffield.
Os actores son Lauren Socha como 'Nina' e Stephen Graham como George, coñecido polo alcuño de 'Scummy Man'(home desprezable), un violento e manipulador «cliente» de Nina, que intimida e ataca a Nina e a aqueles que tratan de axudala a escapar da prostitución, como un meigo que lle ofrece traballo como asistente no seu número máxico. O mago convértese noutra vítima do comportamento Scummy Man's, pero non carece dos seus propios defectos, polo que o director da curta sopesa se alguén realmente é inherentemente bo.
Co fin de aparentar un documental para dotar de maior sentimentalismo ás escenas, o filme foi rodado en 16mm. O DVD contén un extra titulado "Just Another Day" (só outro día), máis esperanzador e en ton optimista. Céntrase nos acontecementos que pasan tódolos días. "Just Another Day" representa a mesma cadea de acontecementos, pero desde a perspectiva do taxista que leva a Scummy Man a xunto Nina, que ten piedade dela cando lle lembra a súa propia filla, que morreu xove, e que tería a mesma idade cá nena se estivese aínda viva.
O nome do filme provén dunha liña en "When The Sun Goes Down", que describe ao proxeneta da rapaza da canción:
And what a scummy man
Just give him half a chance
I bet he'll rob you if he can
You can see it in his eyes, yeah, that he's got a driving ban
Amongst some other offences
E vaia tipo máis desprezable
Dálle só media oportunidade
Aposto a que che roubaría se puidese
Podes velo nos seus ollos, si, ten unha multa de tráfico
á parte doutros delitos
A película gañou un premio por "Mellor Música DVD", nos NME Awards, o 1 de marzo de 2007