Juan Manuel Páramo Neyra
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1939 (85 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Manuel Páramo Neyra, nado en Lugo o 15 de marzo de 1939, é un enxeñeiro e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi presidente da Autoridade Portuaria da Coruña (1982-1983 e 1996-1999) e decano do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1988-1996 e desde 2000). Presidiu o Partido Liberal en Galicia e despois o Partido Demócrata Liberal e foi membro do seu comité executivo nacional (1982-1989). Foi deputado no Parlamento de Galicia por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños (1986-1987). Foi tenente de alcalde de Santiago de Compostela e Director xeral da COTOP. Foi profesor da Universidade da Coruña.
Predecesor: ' |
Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña 1982 - 1983 |
Sucesor: ' |
Predecesor: Ramón Díaz del Río |
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños 1986 - 1987 |
Sucesor: Xosé Henrique Rodríguez Peña |
Predecesor: ' |
Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña 1996 – 1999 |
Sucesor: Antonio Couceiro |