Arteixo Telecom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°26′47.95″N 7°55′39.07″O / 43.4466528, -7.9275194

Arteixo Telecom
AT arteixo telecom penapurreira as pontes.jpg
Arteixo Telecom, Penapurreira As Pontes
TipoSociedade Anónima
Fundación1972
LocalizaciónPolígono Penapurreira, B1/B2 As Pontes 15320 A Coruña Galicia Galicia
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica
Número de empregados200
Páxina webarteixotelecom.com
editar datos en Wikidata ]

Arteixo Telecom é unha empresa galega adicada ó deseño, desenvolvemento, fabricación, comercialización de equipos electrónicos, mantemento e reparación. As súas orixes están en Arteixo, onde dende 1972 pasou por varios propietarios ata o seu traslado a onde agora ten a súa sede central no Polígono industrial de Penapurreira, no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, onde conta cunha fábrica de 4.750 m², e unha sede comercial en Madrid. A compañía conta con máis de 200 persoas empregadas, desenvolvendo proxectos de enxeñería e fabricación en diversos sectores.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa orixe está en Sabón co nome de Intelsa (industrias de telecomunicaciones). A empresa era propiedade de Telefónica e Ericcson e estaba adicada á fabricación de centrais telefónicas, despois de problemas financeiros en 1984 pasou a propiedade de Telettra[1]. En 1992 pasou a mans da francesa Alcatel ata o ano 2000 en que pasou a ser propiedade dos directivos e da Xunta trocando o nome por Arteixo Telecom[2].

En 2004, Arteixo Telecom merca as instalacións de Italtel en As Pontes por un prezo simbólico e traslada a empresa ó Polígono industrial de Penapurreira[3] vendendo as súas instalacións en Sabón ó Grupo Tecam por 10,2 millóns de euros[4].

En novembro de 2011, solicitou un ERE para todo o cadro de traballadores[5].

En 2012, mercou unha participación na empresa Sinatec Electronics con sede en Toledo adicada á electrónica industrial e ó sector aeroespacial[6].

En maio de 2013 a empresa solicitou concurso de acredores[7] do cal saiu en abril do ano 2014[8].

Sectores[editar | editar a fonte]

  • Ferrocarril e transporte
  • Naval
  • Defensa
  • Enerxía
  • Telecomunicacións
  • Sanidade

A empresa ten certificacións ISO 9001 e ISO 14001 así como certificacións militares da OTAN Pecal/AQAP 2110[9].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]