Polimetilmetacrilato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polimetilmetacrilato.

O metacrilato, tamén coñecido polas súas siglas PMMA, é un dos plásticos de enxeñaría. A placa de acrílico obtense da polimerización do metacrilato de metilo e a presentación máis frecuente que se atopa na industria do plástico é en gránulos ou en placas. Os gránulos son para o proceso de inxección ou extrusión e as placas para termoformado ou para mecanizado.

Compite en canto a aplicacións con outros plásticos como o policarbonato (PC) ou o polistireno (PS), pero o acrílico salienta fronte a outros plásticos transparentes en canto a resistencia á intemperie, transparencia e resistencia ó raiado.

Por estas calidades é utilizado na industria do automóbil como o faro do coche, iluminación, cosméticos, espectáculos, construción e óptica, entre moitas outras. No eido da medicina utilízase a resina de polimetilmetacrilato para a fabricación de próteses óseas e dentais e como aditivo en po na formulación de moitas das pílulas vía oral. Neste caso actúa como retardante á acción do medicamento para que esta sexa progresiva.

En gránulos o acrílico é un material higroscópico, razón pola cal é necesario secalo antes de procesalo.

Distínguese o metacrilato como nome común para os ferros ou placas de polimetilmetacrilato, sendo o nome químico moito máis xenérico a todo tipo de elemento (non só placas) formado con este material (resinas, pastas, gránulos, adhesivos, emulsións...).