Anfiteatro de El Djem
(ar) قصر الجم | ||||
Tipo | anfiteatro romano | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Thysdrus (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | El Jem, Tunisia (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1,37 ha zona de protección: 26,42 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 2010 | |||
Identificador | 38 | |||
Monumento catalogado de Tunisia | ||||
Data | 26 de xaneiro de 1893 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2010 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
O anfiteatro de El Djem (en árabe , قصر الجم ), tamén chamado de Coliseum Thysdrus, está situado na cidade de El Djem na Vilaia de Mahdia en Tunisia, a antiga cidade de Thysdrus situado na entón provincia romana de África. É o maior anfiteatro romano de África e o cuarto a nivel mundial, despois do Coliseo de Roma, o anfiteatro de Capua e o anfiteatro Flaviano, e un dos máis ben conservados do norte de África. É o monumento romano máis coñecido da Tunisia.[1] Acolle cada ano preto de 530.000 visitantes.[2] Está catalogado pola UNESCO desde 1979 como Patrimonio da Humanidade.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Edificios anteriores
[editar | editar a fonte]O anfiteatro actual é o terceiro edificio de espectáculos construído en Thysdrus, unha cidade que prosperou grazas ao desenvolvemento da olivicultura e o comercio,[4] é o mellor construído e mantido en todo, cunha morea de restos que permitiron aos expertos estudar a súa evolución ao longo do tempo.[5] O segundo anfiteatro, cuxa existencia xa fora intuída por Charles Tissot, escavouse en 1960, mentres que o primeiro saíu á luz grazas ás campañas dirixidas por Hedi Slim desde 1973 [6]
O primeiro edificio tiña unha capacidade para 6.000 espectadores[7][8] e clasificouse como "rudimentario" [4] "embrionario" [9] ou "moi vello".[10] Jean-Claude Golvin datou a súa orixe no século I,[11] aínda que abandonaríase a finais do mesmo.[12] Polo tanto debía estar preto dos edificios da Época Republicana, que se construíron adaptándose á configuración do terreo. En efecto, o lugar elixido para a súa construción, abrigou sepulturas en tempos prerromanos,[6] é o único relevo natural da zona adecuado para construír un edificio. O anfiteatro esculpíuse nun outeiro de travertino sen usar albanelaría e con formas irregulares. As bancadas, en número limitado, esculpíronse na rocha [6] e a cávea escavouse. A area tiña unha dimensión de 49 metros de longo por 40 metros de ancho.[11] Parece que as bancadas erosionaron moi rapidamente e foron reparadas con tixolos de barro sen cocer.[13] A aparición do edificio poderíase relacionar coa chegada á cidade dunha comunidade italiana afeccionado aos espectáculos,[4] quizais de orixe Campaniano[14] ou etrusco, ambas rexións son a orixe dos xogos nos anfiteatros.[13]
A segunda construción, que tiña unha estrutura sólida nas súas liñas xerais, construíuse a finais do século I ou século II[10] no mesmo outeiro que o seu predecesor. A súa forma era máis elíptica debido a un terraplén existente na area e a tribuna do anfiteatro anterior. O aterraplenado de area, 2,50 metros de altura, permitiu regularizar a súa forma.[8] As bancadas tiñan unha capacidade total de 7000 espectadores.[7] eran irregulares en tamaño e estaban separadas por compartimentos feitos de ladrillo, separadas por espazos a modo de corredor.[8] Parece que houbo un total de 24 compartimentos, dos cales permanecen 16 en diverso estado de conservación.[15] A area tiña 60 metros de longo por 40 metros de ancho, as dimensións totais do edificio eran de 92 por 72 metros.[15] Golvin tamén describe un palco e unha capela situada no eixe oeste.[15] A construción carece dunha aparencia estética, aínda que as súas importantes melloras técnicas fixérono máis funcional.[8]
Durante o tempo da Dinastía Severa, no principio do século III,[16] a cidade experimentou un enorme crecemento debido a un comercio florecente de aceite e trigo favorecido pola súa situación como encrucillada de rutas comerciais.[17] O segundo anfiteatro quedou pequeno e substituíuse polo edificio actual, construído nun terreo plano.[7] Este procedemento foi repetido noutras cidades como Cartago, Nimes ou Roma.[18]
O edificio nunha época posterior implicou unha corrección dos problemas ocasionados polos edificios anteriores máis aló da funcionalidade, as innovacións tamén foron un factor de lonxevidade.
Datación controvertida
[editar | editar a fonte]O anfiteatro, aínda entre os máis ben preservados do seu tipo, foi pouco estudado[19] As últimas investigacións do monumento non revelaron ningún rexistro que permita datar a súa construción. Ademais, recentes escavacións arqueolóxicas non sacaron á luz ningún elemento en particular, coa excepción dunha vasilla dun tipo de cerámica datada na primeira metade do século III. Considerase de forma incerta (porque non foi corroborado por ningún elemento tanxible), que o edificio construíuse no 238 d.C., o ano da Revolución contra o poder de Roma,[20] ou baixo o proconsulado de Gordiano,[21] coroado emperador romano en abril do mesmo ano. Estímase como data de construción entre o 230 e o 250,[22] durante o período da anarquía militar, aínda que algúns estudos máis antigos atrásana ao reinado da dinastía Antonina,[23] ou sexa ao final do Imperio.[24]
É unha das ruínas de pedra romana mellor conservada no mundo e é única en África. A capacidade estimada é de 35.000 espectadores e o tamaño dos eixes grande e pequeno son respectivamente 148 m. e 122 m.. O anfiteatro está construído en bloques de pedra, situado nun terreo plano e está excepcionalmente ben conservado.[3]
Con todo, o custo da construción en pedra tallada, así como a necesidade dun maior número de asentos parece que colocaría a súa construción durante o auxe da cidade, a finais do século II ou principios do século III, baixo a dinastía Severa. Alexandre Lèzine, apoiado por Golvin, propuxo un abano máis limitado de datas, entre o 230 e o 238, quedando inacabado por mor dos acontecementos do último ano. Mentres, Hedi Slim cre que a obra completouse.
Desde finais da Idade Antiga ata a Idade Media
[editar | editar a fonte]Aínda que a cidade substituíuse gradualmente por Sufétula como capital económica da rexión e que as rutas de comercio foron desviados da cidade, Thysdrus continuou a desempeñar un papel militar trala transformación do anfiteatro en fortaleza.[25] Escavacións arqueolóxicas dataron o abandono do edificio, na segunda metade do século quinto, sendo a duración aproximada da súa actividade de dous séculos.[26]
Desde a época bizantina o anfiteatro tornouse nunha fortaleza e un lugar de refuxio, como se probou trala derrota bizantina na batalla de Sufétula no 647 contra as tropas árabes.[25] A transformación consistiu no cegado das arcadas situadas na planta baixa e a construción doutras instalacións, incluíndo unha torre atopada en recentes escavacións. O monumento é ás veces chamado de Ksar de Kahena, en homenaxe a unha princesa Bérber do século VII que reuniu ás tribos para deter o avance dos invasores musulmáns. Derrotada e acurralada, refuxiouse cos seus seguidores no anfiteatro, onde resistiu por catro anos. Segundo a lenda, foi traizoada polo seu amante, que a apuñalou e mandou a súa cabeza embalsamada ao xefe do exército árabe. O edificio foi citado por Abu Abdullah Al Bakri no século XI e por Tijani, onde se da a entender que ofrece unha protección eficaz,[25] o que é incompatible cun estado ruinoso.
A desaparición da tribuna e os elementos do último andar sería posterior e progresiva.[27] A ruína do monumento trouxo un depósito substancial de cascallos, cunha altura variable entre 1,50 a tres ou catro metros.[27]
Idade Moderna e Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]A pesar da destrución parcial debido ao uso das súas pedras para a construción da cidade de EL Djem, o terceiro anfiteatro consérvase en condicións excepcionais e crese que permaneceu completo ata o século XVII. O viaxeiro Victor Guerin informa que "en 1695, segundo a tradición árabe, comezouse a demoler a fachada exterior, que ata entón se mantivo case intacta".[28]
Por esas datas, o Bey de Tunisia reprimíu unha revolta de orixe fiscal. Os seus canóns abriron varias fendas no edificio para impedir que o lugar servira de refuxio á poboación local.[27] Con todo, o sitio continuou a ser usado para este fin ata mediados do século XIX durante unha última rebelión. Tras numerosos danos, os habitantes da cidade extraeron enormes cantidades de material das ruínas para aproveitalo.[29]
Crese que o anfiteatro utilizouse como fábrica de salitre a finais do século XVIII e do século XIX. Ao redor de 1850, a fenda na parede ampliouse por Ahmad I ibn Mustafa ata aproximadamente 30 m.. Na segunda metade do século XIX, a estrutura usouse para tendas, vivendas e almacenamento de grans.[30]
A área recibiu visitas desde o século XVII e especialmente no século XIX, intensificadas despois da posta en marcha da protección dos restos arqueolóxicos. Durante a primeira metade do século XX acometéronse varias restauracións da fachada destruída, así como a escavación da area e dos espazos subterráneos.[31] O turismo desenvolveuse durante o século XX ata preto de 530.000 visitantes por ano no 2008,[32] que fai do anfiteatro o segundo lugar máis visitado de Tunisia.
Restauración
[editar | editar a fonte]O anfiteatro declarouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.[3] O diferente estado de conservación dos diferentes materiais de construción, así como a caída de pedras mesmo das bóvedas[33] esixiron unha campaña de consolidación e rehabilitación,[34] financiada polo goberno de Tunisia e por unha fundación privada.[35] A estabilización evitou novos desprendementos de terra mentres que as zonas irremediablemente deterioradas substituíronse.[36] A restauración, realizada cos materiais retirados nas tarefas de limpeza dos recheos,[37] tivo como finalidade a protección do monumento e a mellora das visitas de forma máis pedagóxica. A restauración das bóvedas e escaleiras facilitou a accesibilidade ao anfiteatro.[36]
A renovación da arquibancada con capacidade para 500 espectadores tamén permitiu "contribuír á restauración cultural do edificio" segundo Hedi Slim.[27] A reconstrución dos alicerces tamén axudou a reconstituír a forma elíptica do edificio.[38] A campaña tamén permitiu o coñecemento completo do monumento, especialmente o sistema de recuperación de auga de chuvia e a cimentación.[39] Por outra banda, saíron a luz numerosos fragmentos das bancadas da area.[39]
Dada a diferenza de cota. Entre a cidade contemporánea e o edificio, a súa contorna inmediata acondicionouse con elementos vexetais e minerais para igualar o desnivel.[38] Grazas á súa boa acústica e ás restauracións realizadas, o anfiteatro acolle cada verán desde 1985 o Festival Internacional de Música Sinfónica de El Djem.[39]
Cultura popular
[editar | editar a fonte]Apareceu en películas como a Monty Python's Life of Brian.
A empresa estadounidense de roupa deportiva Nike usou este lugar en 1996 para filmar un comercial televisivo titulado "Good vs Evil", que mostra un partido de fútbol de estilo gladiador ambientado nun anfiteatro romano. Xogadores de fútbol de todo o mundo, incluíndo Eric Cantona, Ronaldo, Paolo Maldini, Luís Figo, Patrick Kluivert e Jorge Campos defenden "o xogo bonito" contra un equipo de guerreiros demoníacos antideportivos, que termina con Cantona recibindo a pelota de Ronaldo, levantando o colo da camisa como a súa marca rexistrada e rematar e dicindo, "Au Revoir", antes de golpear a pelota que pasa a través do porteiro demoníaco.[40]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Iluminación nocturna
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Slim, Hédi; Mahjoubi, Ammar; Belkhodja, Khaled (2003). "L'Antiquité". Histoire générale de la Tunisie I. París: Maisonneuve et Larose. p. 250.
- ↑ "L'amphithéâtre d'El Jem". La Gazelle. Le magazine de Tunisair (62): 25. outubro-decembro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 UNESCO (ed.). "Amphitheatre de El Jem". Consultado o 5 de maio de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Slim & Fauqué 2001, p. 176
- ↑ Slim 2007, p. 84
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Slim 1986, p. 462
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Slim 2007, p. 89
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Slim 1986, p. 466
- ↑ Slim 1986, p. 463
- ↑ 10,0 10,1 Golvin & Landes 1990, p. 89.
- ↑ 11,0 11,1 Golvin 1988, p. 84
- ↑ Slim 2007, p. 85
- ↑ 13,0 13,1 Slim 1986, p. 464
- ↑ Slim 2007, p. 97
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Golvin 1988, p. 131
- ↑ Golvin 2003, p. 110
- ↑ Golvin 2003, p. 111
- ↑ Slim & Fauqué 2001, p. 178
- ↑ Golvin 1988, p. 209
- ↑ Mahjoubi 2000, p. 173
- ↑ Golvin & Landes 1990, p. 141
- ↑ Slim 1986, p. 450
- ↑ Thomas Shaw, citado por Slim 1986, p. 450
- ↑ Henri Saladin, citado por Slim 1986, p. 450
- ↑ 25,0 25,1 25,2 Slim 2007, p. 124
- ↑ Slim 1986, p. 460
- ↑ 27,0 27,1 27,2 27,3 Slim 1986, p. 447
- ↑ Guérin, Victor (1862). "91". Voyage archéologique dans la régence de Tunis. París: Plon.
- ↑ Slim 2007, p. 124-125
- ↑ Bomgardner, David L. (2013). The Story of the Roman Amphitheatre. Routledge. pp. 150–151. ISBN 9781134707393.
- ↑ Slim 1986, p. 442
- ↑ Chapoutot, Jean Medhi (2008). "26". Suivi de la stratégie méditerranéenne pour le développement durable. Promouvoir un tourisme durable en Tunisie (PDF). Plan Bleu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xuño de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2018.
- ↑ Slim 1986, p. 443
- ↑ Slim 1986, p. 444-445
- ↑ Slim & Khanoussi 1995, p. 121
- ↑ 36,0 36,1 Slim 1986, p. 445
- ↑ Slim 1986, p. 449
- ↑ 38,0 38,1 Slim & Khanoussi 1995, p. 122
- ↑ 39,0 39,1 39,2 Golvin & Landes 1990, p. 144
- ↑ Jackson, Steven J. (10 de novembro 2004). Sport, Culture and Advertising: Identities, Commodities and the Politics of Representation. Routledge. p. 186. Consultado o 5 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anfiteatro de El Djem |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Bibliografía sobre o anfiteatro e as sodalidades
[editar | editar a fonte]- Beschaouch, Azedine (1966). "La mosaïque de chasse à l'amphithéâtre découverte à Smirat en Tunisie". Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres 110 (1): 134–157.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Beschaouch, Azedine (1985). "Nouvelles observations sur les sodalités africaines". Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres 129 (3): 453-475.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Beschaouch, Azedine (1977). "Nouvelles recherches sur les sodalités de l'Afrique romaine". Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres 121 (3): 486-503.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Golvin, Jean-Claude (1988). L'amphithéâtre romain. Essai sur la théorisation de sa forme et de ses fonctions. París: De Boccard.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Golvin, Jean-Claude; Landes, Christian (1990). Amphithéâtres et gladiateurs. París: CNRS. ISBN 2876820463.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Guérin, Victor (1862). Voyage archéologique dans la Régence de Tunis. París: Plon. p. 91.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Slim, Hédi (1988). "La sauvegarde et la mise en valeur du grand amphithéâtre d'El Jem". Africa X: 325–358.
- Slim, Hédi (1986). "Les amphithéâtres d'El-Jem". Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres 130 (3): 440–469.(Documento utilizado para a redacción di artigo).
- Slim, Hédi; Khanoussi, Mustapha (1995). "Trois grandes opérations archéologiques". En Maurice Morel, Jean Paul. La Tunisie, carrefour du monde antique. París: Faton.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Il était une fois... Le « Colisée » d'El Jem ou Thysdrus de 46 av. J.C. à l'an 800. Túnez: Alyssa. 1992.
Bibliografía xeral
[editar | editar a fonte]- Briand-Ponsart, Claude; Hugoniot, Christophe (2005). L'Afrique romaine. De l'Atlantique à la Tripolitaine, 146 av. J.-C.,-533 apr. J.-C. París: Armand Colin. ISBN 2200268386.
- Corbier, Paul; Griesheimer, Marc (2005). L'Afrique romaine. 146 av. J.-C.,-439 apr. J.-C. París: Ellipses. ISBN 2729824413.
- Golvin, Jean-Claude (2003). L'Antiquité retrouvée. París: Errance. ISBN 287772266X.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Hugoniot, Christophe (2000). Rome en Afrique. De la chute de Carthage aux débuts de la conquête arabe. París: Flammarion. ISBN 2080830031.
- Laronde, André; Golvin, Jean-Claude (2001). L'Afrique antique. París: Taillandier. ISBN 2235023134.
- Le Bohec, Yann (2005). Histoire de l'Afrique romaine. París: Picard. ISBN 2708407511.
- Mahjoubi, Ammar (2000). Villes et structures de la province romaine d'Afrique. Túnez: Centre de publication universitaire. ISBN 9973937953.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Mansour, Guillemette (2007). Tunisie. Musée à ciel ouvert. Túnez: Dad. ISBN 9973512138. (segunda edición)
- Slim, Hédi (2007). El Jem, l'antique Thysdrus. Túnez: Alif.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Slim, Hédi; Fauqué, Nicolas (2001). La Tunisie antique. De Hannibal à saint Augustin. París: Mengès. ISBN 285620421X.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Yacoub, Mohamed (1995). Splendeurs des mosaïques de Tunisie. Túnez: Agence nationale du patrimoine. ISBN 9973917235.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Varios autores (1995). La Tunisie, carrefour du monde antique. París: Faton.(Documento utilizado para a redacción do artigo).
- Varios autores (2006). L'Afrique romaine, 69-439. Neuilly-sur-Seine: Atlande. ISBN 2350300021.(Documento utilizado para a redacción do artigo).