Gordiano I
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 159 Frixia |
| Morte | 12 de abril de 238 Cartago romana |
| Causa da morte | suicidio, enforcamento |
| 22 de marzo de 238 (Gregoriano) – 12 de abril de 238 (Gregoriano) | |
| Cuestor | |
| Edil | |
| Pretor | |
| Gobernador romano | |
| Cónsul romano | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Relixión na Roma antiga |
| Actividade | |
| Ocupación | militar |
| Período | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano |
| Outro | |
| Título | Emperador romano |
| Familia | Dinastía Gordiana |
| Cónxuxe | Fabia Orestilla |
| Fillos | Gordiano II, Antonia Gordiana |
| Pais | Maecius Marullus |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Marcus Antonius Gordianus Africanus, nado cara ao 159 e finado o 12 de abril do 238, foi un emperador romano, proviña dunha coñecida familia romana, era fillo de Metius Marulus e Ulpia Gordiana, xa sendo moi novo tivo cargos de responsabilidade onde destacou pola súa virtude e moderación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo emperador Caracalla, no ano 213 noméano por vez primeira cónsul e no 229, baixo Alexandre Severo, é nomeado por segunda vez. Este emperador enviou a Gordiano a África en calidade de procónsul onde conseguiu ser moi popular, gañando o afecto e o respecto dos cidadáns. Casou con Fabia Orestilla coa quen tivo un fillo (nado no 192) tamén chamado Gordiano.

No 238, chega a África o recadador de impostos enviado polo emperador Maximino, quen exasperou a poboación coas súas exaccións e métodos e que asasinaron mozos da nobreza. Os cidadáns, decididos a burlar as seguras represalias do tiránico emperador tracio Maximino, instaron a Gordiano para que se fixese cargo do trono imperial, xunto co seu fillo. Esta sublevación foi ben vista polo pobo de Roma, que detestaba o feroz e tiránico réxime imposto por Maximino. O Senado recoñeceu a Gordiano e o seu fillo, e nomeounos augustus destituíndo a Maximino.
Unha das primeiras medidas que tomaron foi desposuír dos seus cargos aos partidarios do emperador, entre eles a Capeliano, gobernador da provincia de Mauritania. Este non aceptou esta destitución, e marchou sobre Cartago cun forte exército. No transcurso da loita ás portas da cidade, morre Gordiano II, o fillo. Ao saber o pai da morte, desesperado, suicídase. O goberno conxunto de pai e fillo só durara 45 días.
Pouco despois, morre asasinado Maximino polas súas tropas, Balbino e Pupieno morren a mans dos pretorianos en Roma e chega ao poder o neto de Gordiano baixo o nome de Gordiano III.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Maximino Tracio |
Gordiano I (238-238) |
Precede a: Gordiano III |