Alfredo Deaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Deaño
Nacemento6 de marzo de 1944
Lugar de nacementoRibadeo
Falecemento24 de xaneiro de 1978
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónprofesor universitario
CónxuxeMercedes Cabrera
Na rede
Dialnet: 43316 WikiTree: Deaño-18
editar datos en Wikidata ]

Alfredo Deaño Gamallo, nado en Ribadeo o 6 de marzo de 1944 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1978, foi un filósofo e lóxico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor na Universidade de Oviedo e na Universidade Autónoma de Madrid. Foi membro do comité cultural de El País, colaborou na Revista de Occidente e foi asesor de Alianza Editorial.

Interesouse polas relacións entre a lóxica formal e disciplinas como a lingüística, a psicoloxía ou a propia filosofía. Estudou o pensamento de Wittgenstein e Carroll.

Entre as súas obras destaca Introducción a la lógica formal (1974), coa que logra unha introdución amena e con sentido do humor aos conceptos xerais da lóxica, á lóxica de enunciados e á lóxica de predicados de primeira orde, así como esboza tamén algunhas outras lóxicas (clásicas e "non-clásicas"), e enuncia algunhas das cuestións lóxico-filosóficas máis importantes.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Introducción a la lógica formal 1. La lógica de enunciados Madrid, Alianza Editorial, 1974.
  • Introducción a la lógica formal 2. La lógica de predicados Madrid, Alianza Editorial, 1974.
  • Las concepciones de la lógica, Madrid, Taurus, 1980.
  • El resto no es silencio: escritos filosóficos (con Jesús Hernández e Javier Muguerza), 1984.

Traduciónes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]