Gustavo Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gustavo Bueno
Nome completoGustavo Bueno Martínez
Nacemento1 de setembro de 1924
 Santo Domingo de la Calzada
Falecemento7 de agosto de 2016
 Niembro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Rioxa, Universidade de Zaragoza e Universidade de Madrid
Ocupaciónfilósofo, catedrático de universidade e profesor de secundaria
editar datos en Wikidata ]

Gustavo Bueno Martínez, nado en Santo Domingo de la Calzada o 1 de setembro de 1924 e finado en Niembro o 7 de agosto de 2016, foi un filósofo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de Filosofía da Universidade de Oviedo durante case 30 anos. Desenvolveu o sistema filosófico denominado «materialismo filosófico». A súa obra construíuse en constante intercambio coas ciencias e a historia da filosofía. É autor de numerosos libros e artigos sobre ontoloxía, filosofía da ciencia, historia da filosofía, antropoloxía, filosofía da relixión, filosofía política, ateísmo e televisión. Colaborou asiduamente na revista electrónica El Catoblepas, coa sección «Rasguños». Fíxose popular en España pola súa participación en debates e programas de televisión. Recibiu o título de fillo adoptivo de Oviedo en 1996. É pai do tamén filósofo Gustavo Fernando Bueno Sánchez.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El papel de la filosofía en el conjunto del saber (1971)
  • Ensayos materialistas (1972)
  • Ensayo sobre las categorías de la economía política (1973)
  • La metafísica presocrática (1975)
  • La idea de ciencia desde la teoría del cierre categorial (1977)
  • Etnología y utopía (1982)
  • Nosotros y ellos (1983)
  • El animal divino (1985)
  • Cuestiones cuodlibetales sobre Dios y la religión (1989)
  • Materia (1990)
  • Primer ensayo sobre las categorías de las 'ciencias políticas' (1991)
  • Teoría del cierre categorial (cinco tomos publicados, de un total de 15) (1993)
  • ¿Qué es la filosofía? (1995)
  • ¿Qué es la ciencia? (1995)
  • El mito de la cultura: ensayo de una teoría materialista de la cultura (1997)
  • España frente a Europa (2000)
  • Telebasura y democracia (2002)
  • El mito de la izquierda: las izquierdas y la derecha (2003)
  • La vuelta a la caverna: terrorismo, guerra y globalización (2004)
  • España no es un mito: claves para una defensa razonada (2005)
  • Zapatero y el pensamiento Alicia: un presidente en el país de las maravillas (2006)
  • La fe del ateo (2007)
  • El mito de la derecha (2008)
  • El fundamentalismo democrático. La democracia española a examen (2010)
  • "Sciences as Categorical Closures", 2013

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Dios salve a la razón (2008)