Colexio Maior Rodríguez Cadarso
| Colexio maior Rodríguez Cadarso | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | |||||||
Vista do edificio | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Fundación
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Páxina WEB
| |||||||
| Wikidata |
O Colexio Maior Universtiario Rodríguez Cadarso é un colexio maior público situado no Campus Sur da Universidade de Compostela. Recibe o nome do médico e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Alejandro Rodríguez Cadarso. Foi a primeira das edificacións do proxecto de Jenaro de la Fuente Álvarez.
Construído en 1940, é o máis antigo das universidades galegas. En principio foi masculino; logo de estar pechado un par de anos por reformas, foi residencia de posgraduados nos anos 70. A partir do curso 1973-1974 comezou, no contexto daquela época, unha nova etapa como colexio feminino, ante a escaseza de residencias para universitarias. Desde o curso 1988-1989 é un colexio mixto.
O actual colexio maior combina unha tradición de longa data e unha situación privilexiada no corazón do Campus Sur, xa que está comunicado co resto de Santiago de Compostela mediante o autobús urbano.
Revista Eis
[editar | editar a fonte]Desde o curso 1989-1990 e até mediados da década de 1990, o Colexio Maior Universitario Rodríguez Cadarso foi o lugar onde un grupo de residentes creou e editou a revista Eis, que conseguiu un importante impacto na comunidade universitaria da altura[Cómpre referencia].
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
