José Rodríguez Cadarso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 Noia, España |
Morte | maio de 1951 (57/58 anos) Cambados, España |
Alcalde de Cambados | |
1940 – 1945 ← Salvador Galarreta Alfaro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político |
Familia | |
Fillos | José Rodríguez-Cadarso Cobas |
Pai | Jesús María Rodríguez Vázquez |
Irmáns | Alejandro Rodríguez Cadarso |
José Rodríguez Cadarso, nado en Noia en 1893 finado en Cambados en maio de 1951, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Jesús María Rodríguez Vázquez e Manuela Cadarso Ronquete, e irmán de Alejandro Rodríguez Cadarso. Estudou Farmacia. Instalouse como farmacéutico en Cambados, onde foi tenente de alcalde durante a ditadura de Primo de Rivera, sendo alcalde Juan Salgado Pérez. Falanxista, foi alcalde de Cambados de 1940 a 1945. Durante esa etapa, xunto co seu irmán Jesús, informou, como autoridade local, das simpatías e militancia republicanas de numerosos veciños, que foron procesados polo réxime franquista. Despois foi inspector farmacéutico municipal. Finou en Cambados a finais de maio de 1951.[1]
Predecesor: Salvador Galarreta Alfaro |
Alcalde de Cambados 1940 - 1945 |
Sucesor: Luís Fariña Couto |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Eladia Cobas Lojo e foi pai de José Rodríguez-Cadarso Cobas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-6-1951, p. 2.