Saltar ao contido

Alan Rees

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlan Rees
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Gales Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Ascot Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de carreiras, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Alan Rees, nado en Langstone (Monmouthshire) o 12 de xaneiro de 1938[1] e finado en Ascot o 6 de setembro de 2024,[2] foi un piloto de automobilismo do País de Gales.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial na década de 1960, aínda que en dúas destas aparicións pilotaba coches de Fórmula 2. Non logrou puntos de campionato. O seu mellor resultado foi o sétimo lugar (segundo na clase de Fórmula 2) no Gran Premio de Alemaña de 1967.[3]

Rees pilotou para o equipo Lotus Fórmula Júnior en 1962 e gañou tres carreiras antes do accidente nos 1000 km de Nürburgring de coches deportivos co que rematou a súa tempada.[4] De 1963 a 1968, pilotou para o equipo Roy Winklemann Racing na Fórmula Dous e frecuentemente obtivo vitorias sobre pilotos experimentados como Jackie Stewart e Jochen Rindt.[4]

Despois de que rematara a súa carreira de piloto, Rees cofundou March Engineering; As súas iniciais son as "AR" en "March", xunto con Max Mosley, Graham Coaker e Robin Herd. Posteriormente converteuse en director de equipo de Shadow Racing Cars e máis tarde cofundou Arrows Grand Prix International.[Cómpre referencia]

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1966 Roy Winkelmann Racing Brabham BT18 (F2) Cosworth
4 en liña 1.0L
MON BEL FRA GBR NED ALE
Ret
ITA USA MEX NC 0
1967 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSA MON NED BEL FRA GBR
9
NC 0
Roy Winkelmann Racing Brabham BT23 (F2) Cosworth
4 en liña 1.6L
ALE
7
CAN ITA USA MEX
Fonte:[3]
  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
  2. "No words ❤️". Paul Rees on Facebook. 6 de setembro de 2024. Consultado o 7 de setembro de 2024.
  3. 1 2 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 309. ISBN 0851127029.
  4. 1 2 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 308. ISBN 0851127029.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]