British Aerospace 146

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
British Aerospace 146
BAE 146 Brussels OO-DWB.jpg
BAE 146 de Brussels Airlines
Tipo pasaxeiros
Fabricante British Aerospace, BAE Systems, Avro International
Primeiro voo 3 de setembro de 1981
Introducido maio de 1983
Construídos 387

O British Aerospace 146 (tamén BAe 146) é un avión de pasaxeiros rexional que foi fabricado no Reino Unido por British Aerospace. Producíuse dende 1983 ata 2002. A fabricación dunha versión mellorada coñecida como Avro RJ comezou en 1992. Unha variante mellor con novos motores, o Avro RJX, anunciouse en 1997, pero só se construíron dous prototipos e unha unidade de produción antes de que rematase a fabricación en 2001. Con 387 unidades producidas, o Avro RJ/BAe 146 é o reactor civil máis exitoso do Reino Unido.

O BAe 146/Avro RJ é un monoplano cantilever de á alta cunha cola en "T". Ten catro motores turbofán montados en góndolas baixo as ás, e unha tren de aterraxe en triciclo. O avión ten un comportamento moi silencioso e foi comercializado baixo o nome de Whisperjet (reactor susurrante). É amplamente usado en pequenos aeroportos baseados en cidades. O seu rol principal é como avión rexional en rutas curtas. O BAe 146/Avro RJ é moi usado entre as aeroliñas europeas, como Brussels Airlines, CityJet, Swiss International Air Lines e Lufthansa.

O BAe 146 ten tres versións: -100, -200 e -300. As variantes equivalentes do Avro RJ son designadas RJ70, RJ85 e RJ100. A versión de carga ten a designación "QT" (Quiet Trader), e unha versión convertible de pasaxe e carga desígnase "QC" (Quick Change).