Ailuropinae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ailuropinos»)

A dos ailuropinos (Ailuropinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos falanxéridos.[1][2]

Comprende tan só dúas especies,[3][4] coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, co nome de cuscús ursinos.

As dúas especies son os membros máis primitivos da súa familia e evolucionaron na súa terra natal, a illa de Célebes ou Sulawesi, e pequenas illas veciñas, en completo illamento dos seus familiares, polo que en 1987 os biólogos australianos Tim Flannery, Mike Archer e Gerald Michael Maynes, separaron o xénero, en M. Archer ed., Possums and Opossums: Studies in Evolution, 2: 482, nunha nova subfamilia.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os cuscús ursinos teñen unha lonxitude de cabeza e tronco de 56 a 61 cm, e unha cola de similar tamaño. A súa pelaxe, moi mesta, é de cor gris, marrón ou negra.

Deben o seu nome común aos seus ollos situados na parte frontal da cabeza, ademais da pel grosa, o fociño curto, en comparación co tamaño do corpo, e ás súas orellas arredondadas.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Os cuscús ursinos son marsupiais arborícolas que viven no dosel superior (o estrato máis alto das copas das árbores) dos pluvisilas tropicais, e pouco é o que se sabe do seu status e ecoloxía.

Encóntranse só nalgunhas das illas de Indonesia (a máis grande, Célebes), que son culturalmente parte de Asia, onde os marsupiales xeralmente non se encontran, pero que bioxeograficamente forman parte da ecozona de Australasia. Presúmese que o illamiento dos cuscús ursinos na illa de Célebes no mioceno causou as diverxencias morfolóxicas destes animais respecto ao resto da familia dos falanxéridos.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Son marsupiais arborícolas difundidos nas selvas pluviais tropicais até os 400 m sobre o nivel do mar. A súa cola prénsil e os dous dedos opoñíbeis das súas extremidades anteriores sonlles particularmente útiles para o seu estilo de vida. Desprázanse con movementos lentos e elegantes. O baixo valor nutritiovo do seu alimento principal, as follas, conduciu aos cuscús ursinos (así como a outros animais folívoros como os preguiceiros e o coala) a unha forma de vida baseada no aforro enerxético. Pasan a maior parte do día durmindo, descansando ou alimentándose. Non teñen un ciclo día-noite moi pronunciado, e as fases de actividade non dependen da hora do día. A diferenza doutros marsupiais arborícolas non son solitarios, senón que viven reunidos en parellas o en pequenos grupos de 3 a 4 individuos.

Nutrición[editar | editar a fonte]

A follas costitúen a parte principal da súa dieta, aínda que en menor medida tamén comen froitos inmaturos e brotes.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A femias paren unha ou dúas crías unha ou dúas veces ao ano. A crías permanecen cerca de oito meses no marsupio materno, aínda que despois acompañan só un pouco tempo á súa nai. Non hai datos coñecidos sobre a súa reprodución.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Subfamilia[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita, como quedou dito, en 1987 polos biólogos australianos Tim Flannery, Mike Archer e Gerald Michael Maynes, en M. Archer ed., Possums and Opossums: Studies in Evolution, 2: 482.[1][2]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1830 polo zoólogo alemán Johann Georg Wagler, en Naturliches Syst. Amphibien: 26.[1] Aínda que McKenna e Bell, en 1997, incluíron este xénero en Phalanger,[5] Flannery et al., en 1987, xa o separaran incluíndoo na súa propia subfamilia, a dos Ailuropinae, citando evidencias de que este grupo é irmán do resto dos Phalangeridae,[1] o que hoxe é aceptado pola comunidade científica internacional.

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Nomes científicos[editar | editar a fonte]

Subfamilia[editar | editar a fonte]

O nome científico Ailuropinae está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo (e único), Ailurops, coa adición da desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Xénero[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Ailurops formouno Wagler cos elementos do latín científico Ailur-, tirado do grego antigo αἰέλουρος aiéluros, 'gato', e -ops, derivado do grego antigo ὥψ ṓps, 'visión', 'ollo'.

Nome vulgar[editar | editar a fonte]

Pare ver a etimoloxía de cuscús, vexase Phalanger#Etimoloxías. O epíteto ursinos débese á súa semellanza cos osos.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero foi coñecido tamén polos dous sinónimos seguintes:[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A subfamilia, como quedou dito, conta só cun xénero coas dúas especies seguintes:[1]

Subfamilia Ailuropinae Flannery, Archer & Maynes, 1987 [1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Ailuropine en MSW.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 Ailurops en MSW.
  4. 4,0 4,1 Ailurops Wagler, 1830 no ITIS.
  5. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997).
  6. Genus Phalangista no Taxonomicom.
  7. Phalangista en The Penny Cyclopædia of the Society for the Diffusion of Useful Knowledge, Volume 14, p. 460.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Subfamilia[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]