Mike Archer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Archer
Nacemento25 de marzo de 1945
Lugar de nacementoSydney
NacionalidadeAustralia e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Princeton
Ocupaciónpaleontólogo e profesor universitario
PremiosMedalha Clarke, Mueller Medal, Fellow of the Australian Academy of Science, Fellow of the Royal Society of New South Wales, Medalha Romer-Simpson e Member of the Order of Australia
Na rede
TED: michael_archer Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Michael (Mike) Archer, nado en Sydney en 1945, é un paleontólogo australiano especializado no estudo dos vertebrados, tanto modernos como fósiles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado en xeoloxía e bioloxía na Universidade de Princeton en 1967, obtivo o seu doutoramento en 1976 na Universidade de Australia Occidental.

Traballou no Museo de Australia Occidental desde 1967 a 1971, e foi supervisor de mamíferos no Museo de Queensland desde 1972 a 1978.

Desde 1978 é profesor da Universidade de Nova Gales do Sur.

En 1999 anunciou publicamente o inicio dun proxecto de clonación do tilacino.[1]

Despois dos primeiros éxitos parciais, o proxecto foi abandonado en 2005.[2][3]. Porén, ese mesmo ano, Archer anunciou que o proxecto se levaría a cabo por un grupo de universidades interesadas e un centro de investigación.[4].

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Archer emprégase para recoñewcer a Mike Archer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Julia Leigh (30 de maio de 2002). The Guardian, ed. "Back from the dead". Consultado o 22 de maio de 2016. 
  2. ABC News Online, ed. (15 de febreiro de 2005). "Museum ditches thylacine cloning project". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  3. Deborah Smith (17 de febreiro de 2005). Sydney Morning Herald, ed. "Tassie tiger cloning 'pie-in-the-sky science'". Consultado o 22 de maio de 2016. 
  4. Judy Skatssoon (15 de febreiro de 2005). ABC Science Online, ed. "Thylacine cloning project dumped". Consultado o 22 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]