Tim Flannery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tim Flannery
Tim Flannery.jpg
Nacemento 28 de xaneiro de 1956
Lugar Melbourne
Nacionalidade Australia
Alma máter Universidade La Trobe e Universidade de Nova Gales do Sul
Ocupación Biólogo, paleontólogo, zoólogo e ambientalista
Premios Australian of the Year
editar datos en Wikidata ]

Timothy Fridtjof Flannery, coñecido xeralmente como Tim Flannery, nado o 28 de xaneiro de 1956 en Melbourne, é un zoólogo especializado en terioloxía e paleontólogo australiano, e ademais militante ecoloxista, especialmente coñecido pola súa loita contra o cambio climático.

Os seus traballos céntranse no estudo dos mamíferos, a paleontoloxía, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1981 obtivo un mestrado en Ciencias da Terra na Universidade de Monash e, en 1984 un doutoramento na Universidade de Nova Gales do Sur polos seus traballos sobre a evolución dos macropódidos.

Flannery ocupou diversos postos universitarios durante toda a súa carreira, entre eles os de profesor da Universidade de Adelaida, director do South Australian Museum de Adelaida, investigador científico principal do Australian Museum, profesor asociado na cátedra de estudos sobre Australia na Universidade Harvard, e profesor da Universidade Macquarie (Sydney, Nova Gales do Sur). É o autor de numerosos artigos científicos.

Foi nomeado australiano do ano en 2007. Foi elixido en 2012 Fellow da Academia Australiana de Ciencias.[1]

Así mesmo, é conselleiro sobre asuntos medioambientais do Parlamento Federal Australiano, conselleiro do Consello para o futuro do mundo e presidente do Copenhagen Climate Council (Consello de Copenhaguen sobre o clima), organización internacional de sensibilización do cambio climático. Os seus controvertidos puntos de vista sobre o peche a medio prazo das centrais térmicas de carbón aparecen a miúdo nos medios de comunicación.

Obras[editar | editar a fonte]

Ademais, Flannery editou e prologou:

Xornalismo[editar | editar a fonte]

  • "We're Living on Corn!" The New York Review of Books 54/11 (28 June 2007): 26–28 [recensións de Michael Pollan, The Omnivore's Dilemma: A Natural History of Four Meals e Bill McKibben, Deep Economy: The Wealth of Communities and the Durable Future].
  • "The Third Wave", The Monthly, April 2009, sobre a extincción de animais australianos.
  • "Comment", The Monthly, May 2009, sobre as emisións de dióxido de carbono.
  • "Goodbye to All That" The Monthly, June 2009, recensión The Vanishing Face of Gaia de James Lovelock.

Notas[editar | editar a fonte]