Agrocybe aegerita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Agrocybe aegerita
Agrocybe aegerita no toco dun chopo en Xirona, Cataluña
Agrocybe aegerita no toco dun chopo en Xirona, Cataluña
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Basidiomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Strophariaceae
Xénero: Agrocybe
Especie: A. aegerita
Nome binomial
'Agrocybe aegerita'
(V. Brig.) Singer
Agrocybe aegerita frecas

O Agrocybe aegerita, tamén coñecido cos nomes científicos Agrocybe cylindracea e Pholiota aegerita,[1] é un fungo pertencente ao xénero Agrocybe. De orixe foránea, aparece en Galiza[2] en formacións de chopos e umeiros, polo que se coñece vulgarmente como cogomelo dos chopos[3]. O seu apoxeo galego é polo mes de novembro.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pertence aos fungos das podremias brancas sendo un agárico de mediano tamaño, cun chapeu moi aberto e convexo, case plano, cun diámetro de 3 a 10 cm. Por baixo, ten moitas placas esbranquizadas radiais adherentes ao pé, que despois se tornan nunha cor cinsenta apardazada; e esporas lixeiras e elípticas de 8-11 por 5-7 micrómetros. O pé, branco e fibroso, adoita ser curvo, cun anel membranoso na parte superior, que axiña se torna nunha cor tabaco por mor á caída das esporas. Cando o cogomelo é novo é dunha cor vermello apardazada, tornándose despois nunha cor parda clara, máis ocre cara o centro e máis abrancazada cara os bordos do chapeu.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Desenvólvese nos tocos, toros e buracos dos troncos de árbores como os chopos e os umeiros. Cultívase e comercialízase no Xapón, Corea, Australia e na China.

É unha importante e valiosa especie, que posúe variedades con metabolitos secundarios bioactivos como os derivados indólicos con radicais libres de actividade secuestradora, de propiedades anticanceríxenas e antifúnxicas[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mariano García Rollán, Cultivo de setas y trufas, pg. 167, MUNDI-PRENSA (2007), ISBN 84-8476-316-1 (en castelán)
  2. Web da Agrupación Micolóxica de Galiza - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74
  3. VV.AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 81. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  4. Jian-Jiang Zhong, Feng-Wu Bai, Wei Zhang, Biotechnology in China I: From Bioreaction to Bioseparation and Bioremediation, vol. 1, pag. 102, Springer (2009), ISBN 3-540-88414-9