Aethelhelm
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 865 (Gregoriano) |
Morte | 890 (Gregoriano) (24/25 anos) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Pais | Aethelred I de Wessex e Wulfthryth de Wessex |
Irmáns | Aethelwold aetheling |
Æthelhelm, Ethelhelm ou Æþelhelm (Æðelhelm en anglosaxón) (fl. anos 880) foi o maior dos dous fillos coñecidos de Aethelred I[1], rei de Wessex entre 865 e 871. A súa nai posibelmente era Wulfrida[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os fillos de Aethelred eran demasiado novos para se converteren en rei cando o seu pai morreu en 871 polo que o trono pasou ao seu tío, Alfredo. O único rexistro seguro de Aethelhelm faino un dos beneficiarios no testamento de Alfredo a mediados da década de 880, e especúlase que morreu pouco despois.[3][4]
Algúns historiadores identifícano cun personaxe homónimo, que serviu como «ealdorman» de Wiltshire e posíbel pai de Aelfflaed[5][6], segunda esposa do rei Eduardo o Vello. Con todo, Barbara Yorke rexeita esta idea argumentando que non parece ser unha práctica dos «Aetheling» (príncipes da dinastía real que eran elixíbeis para se converteren en rei) converterse en «ealdorman»[7], e unha doazón de Alfredo ao «ealdorman» Aethelhelm non fai ningunha referencia a un parentesco entre eles, e que a oposición ao matrimonio entre o rei Eadwig e Aelfgifu, a súa curmá de terceiro grao indica que un matrimonio entre Eduardo e unha curmá de primeiro grao sería prohibida por incestuosa[8].
Á morte de Alfredo «o Grande», o seu irmán máis novo Aethelwold disputa a sucesión con todo, morre en batalla.
O historiador Aethelward (m. c. 998) dicía ser descendente do rei Aethelred e por tanto posibelmente era un descendente de Aethelhelm. Algúns xenealoxistas suxeriron que os Godwin eran descendentes de Aethelred a través de Aethelhel, pero case todos os historiadores descartan esta idea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Posibelmente tiña un irmán máis vello, chamado Oswald ou Osweald. Cf. Dumville, David N. (novembro de 1979). "The ætheling: a study in Anglo-Saxon constitutional history". Anglo-Saxon England (en inglés) 8: 1–33. doi:10.1017/S026367510000301X.
- ↑ Higham, N. J.; Hill, D. H., eds. (2013). Edward the Elder 899-924 (en inglés). p. 35.
- ↑ Keynes, Simon; Lapidge, Michael, eds. (1983). "King Alfred's Will". Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred and Other Contemporary Sources (en inglés). Penguin. pp. 177, 321 n. 66.
- ↑ "Æthelhelm 4". Prosopography of Anglo-Saxon England (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2018.
- ↑ Stafford, Pauline (2001). Queen Emma and Queen Edith (en inglés). Blackwell. pp. 324–325.
- ↑ "Æthelhelm 7". Prosopography of Anglo-Saxon England (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2018.
- ↑ Porén, o «Aetheling» Aethelbald antes de ser coroado rei, foi nomeado «ealdorman» en 850. Cf. Miller, Sean (2004). "Æthelbald (d. 860)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/8901. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2018.
- ↑ Yorke 2001 pp=34-35. Keynes e Lapidge tamén tratan os dous Aethelhelm como persoas diferentes, malia seren máis cautos no rechazo da identificación, dicindo que "probabelmente" non son o mesmo