Aeroporto de Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aeroporto de Huesca-Pirineos»)
Aeroporto de Huesca

IATA: HSK – ICAO: LEHC
Sumario
Tipo Público
Operador AENA
Coordenadas Coordenadas: 42°04′51″N 0°19′24″O / 42.080833333333, -0.32333333333333
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 257
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 170,5%
Operacións 7 762
Aumento operacións Crecente (crecemento) 65,7%
Fonte: AENA[1]

O Aeroporto de Huesca-Pireneos (IATA: HSK, OACI: LEHC) está localizado a 10,5 quilómetros ao sueste de Huesca, entre os termos municipais de Alcalá del Obispo e Monflorite. A súa localización resulta privilexiada para a comunicación co Pireneo aragonés, referente obrigado para os afeccionados ao esquí, xa que nel se atopan algunhas das principais estacións de España.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

Para dotalo dunhas instalacións modernas, capaces de atender dentro duns adecuados niveis de seguridade e calidade a demanda de tráfico aéreo, Aena executou importantes obras de infraestruturas, consistentes fundamentalmente na construción dunha nova Área Terminal e un novo Campo de Voos.

Declarado aeroporto de interese xeral e incorporado á rede de Aena en outubro de 2000, o aeroporto atópase aberto para operacións de voo visual desde o 21 de decembro de 2006. O 10 de maio entraron en vigor os procedementos instrumentais baseados no novo VOR/DME que se instalou. Actualmente existen dúas zonas de voo diferenciadas, unha para uso exclusivo dos planeadores e outra para as aeronaves con motor. Así, asegúrase a compatibilidade de ambos tipos de aeronaves, ao ter asignados espazos aéreos diferenciados. Tamén conta cunha escola privada de pilotos de voo comercial.

O seu primeiro voo transcorreu entre Huesca e A Coruña, nun acto histórico para a provincia. Os ocupantes do avión foron os xogadores do equipo de balonmán de Huesca, que se dirixían á cidade galega a xogar un partido.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

En febreiro do ano 2011 Pyrenair cesou as súas actividades, deixando ao aeroporto sen ningunha actividade comercial ata que Air Europa comezou un servizo estacional cara ao aeroporto de Menorca que tamén foi abandonado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]