Adriaan Fokker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adriaan Daniël Fokker
Fokker,Adriaan Daniel 1934 London.jpg
Adriaan Fokker en 1934
Datos persoais
Nacemento17 de agosto de 1887
LugarBogor coa.png Bogor
Flag of the Netherlands.svg Indias Orientais Neerlandesas
Flag of the Netherlands.svg Reino dos Países Baixos
Falecemento24 de setembro de 1972
LugarCoat of arms of Apeldoorn.svg Beekbergen
Flag of Gelderland.svg Güeldres
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
ResidenciaPaíses Baixos
NacionalidadeNeerlandesa
Actividade
CampoFísica e Musicoloxía
Alma máterUniversidade de Leiden
Universidade de Tecnoloxía de Delft
Director de teseHendrik Lorentz
Contribucións e premios
Coñecido porEcuación de Fokker-Planck
PremiosZilveren Anjer
editar datos en Wikidata ]

Adriaan Daniël Fokker, nado na vila de Buitenzorg, nas Indias Orientais Neerlandesas, o 17 de agosto de 1887 e finado en Beekbergen, na provincia neerlandesa de Güeldres, o 24 de setembro de 1972, foi un físico e músico dos Países Baixos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No eido da Física[editar | editar a fonte]

Adriaan Fokker (na fronte, cuarto pola esquerda) en Leiden en 1926, cos seus compañeiros do laboratorio de Heike Kamerlingh Onnes.

Fokker naceu nun territorio daquela de soberanía neerlandesa, aínda que hoxe recibe o nome de Bogor e pertence a Indonesia.

Era curmán do enxeñeiro aeronáutico Anthony Fokker, fundador da compañía Fokker de aviación. Estudou Enxeñaría de Minas na Universidade de Tecnoloxía de Delft e popsteriormente Física na Universidade de Leiden, co físico neerlandés gañador dun premio Nobel Hendrik Lorentz, onde acadou seu doutoramento en 1913. Na súa tese, dese mesmo ano, derivou o que a partir de entón se pasou a chamar "ecuación de Fokker-Planck", xuntamente con Max Planck.

Logo do seu período de formación universitaria, continuou as súas investigacións con Albert Einstein, Ernest Rutherford e William Bragg.[2]

Fokker fixo diversas contribucións á relatividade especial e algunhas outras menos coñecidas á relatividade xeral, especialmente para a "precesión xeodésica", o fenómeno de precesión dun xiroscopio de caída libre nun campo gravitatorio.[3]

No eido da Musicoloxía[editar | editar a fonte]

Reprodución esquemática do teclado do órgano de Fokker

Na súa faceta de compositor musical e musicólogo, Fokker deseñou e mesmo construíu unha serie de instrumentos de teclado capaces de reproducir escalas microtonais a través dun teclado xeneralizado. O máis coñecido destes instrumentos é un órgano de 31 intervalos iguais ben temperado, coñecido comunmente como órgano Fokker, que foi instalado inicialmente no Museo Teyler de Haarlem in 1951 e posteriormente trasladado á sala de concertos Muziekgebouw aan 't IJ de Ámsterdam, onde se utiliza con regularidade para interpretacións abertas ao públcio.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adriaan Daniël Fokker". En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)
  2. "Fokker, Adriaan Daniël (1887-1972)". En Biografisch Woordenboek van Nederland:1880-2000 (en neerlandés)
  3. Eisenstaedt, Jean; Kox, Anne J. Studies in the History of General Relativity. Boston. Birkhäuser, 1988. Páxina 42 [ISBN 978-0-8176-3479-7] (en inglés)
  4. "Fokker Organ. History". En En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]