Escala musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A escala musical é a sucesión finita de sons, constitutivos dun sistema tonal, de xeito que se sucedan regularmente en sentido ascendente ou descendente, e teñan todos eles relación cunha nota base (que dá nome á escala, denominada tónica) e teña como límite dita nota base pero nunha frecuencia inmediatamente maior ou menor. A partir de dita nota límite (denominada oitava, por ser o intervalo correspondente entre dita nota e a nota base), os intervalos entre as distintas notas repítense.

Características[editar | editar a fonte]

Fisicamente, unha escala está limitada por dúas notas tales que a frecuencia de vibración dunha é a dobre da frecuencia da outra. As escalas agrúpanse formando sucesións infinitas: a unha escala determinada séguea outra escala igual pero tal que a frecuencia sexa o dobre, seguida doutra escala, e así ata o infinito (ou cando menos ata os límites de audibilidade). As leis do son fan que dita sucesión se repita ata o final.

Entre cada par de notas sucesivo existe un intervalo determinado, e que non ten porque ser o mesmo que para outro par de notas sucesivo considerado. Tomando coma exemplo o sistema de Do-re-mi-fa-sol-la-si (observar que a partir da nota si repítese outra vez a escala sucesivamente, polo que se debe considerar tamén o intervalo entre si e a nota do da nova escala), o intervalo entre mi e fa ou entre si e do é a metade do intervalo entre as restantes notas sucesivas (por exemplo, do-re).

Para definir os intervalos entre as notas (o que á súa vez determinará o número de notas que compoñen o sistema tonal a considerar) divídese a diferenza entre as frecuencias na nota base e a súa oitava (isto é, entre os límites maior e menor) e o número de partes mínimas a distinguir no sistema. Por exemplo, nos sistemas occidentais considéranse 12 partes iguais (que denomina semitóns).

Semella que as escalas máis antigas e comúns a un grande número de pobos son as escalas pentatónicas, aínda moi comúns e amplamente utilizadas en música celta, africana, chinesa, Blues e Jazz; pero as típicas na música occidental son as escalas diatónicas.

Unha escala maior ten a sucesión de intervalos: Ton-ton-semitón-ton-ton-ton-semitón.

No caso da escala de maior non se necesitan modificacións na escritura, xa que ese é o patrón de intervalos das notas no pentagrama sen modificar (as notas están separadas por un ton, excepto mi e fa, e logo si e , que o están por un semitón).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escala musical

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.