Concerto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Concerto de música clásica.

Un concerto[1] é unha actuación musical na «que se executan composicións soltas».[2] No eido da música clásica occidental tamén é a forma musical na que os materiais melódicos, rítmicos e harmónicos se combinan nunha composición, determinando así a calidade sonora global dunha peza. Designa a forma de relacionarse as diversas voces que interveñen nunha peza musical, entendendo como voces diversas liñas melódicas simultáneas, sexan vocais ou instrumentais.

Existe un momento, chamado cadenza, ó final dalgúns movementos, onde o solista toca sen acompañamento, expondo a súa técnica. Nos períodos clásico e romántico, esta parte frecuentemente non era escrita na partitura, sendo improvisada ou escrita polo instrumentista de acordo ós seus gustos e capacidades. Moitas destas cadenzas foron publicadas e aínda hoxe diferentes interpretacións do mesmo concerto poden incluír as escritas por diferentes compositores.

Historia[editar | editar a fonte]

Kontsert de Bernardo Strozzi, 1630.

Aínda que non se coñeza unha orixe exacta, as actuacións de malabaristas na Idade Media, con intervencións instrumentais e vogais poden prefigurar o que sería un concerto. Mais semella que o concerto estableceuse en Italia a finais do século XVI, onde expuñan diferentes tipos de instrumentais. Máis tarde no século XVII, os concertos estendéronse até Lübeck, Alemaña onde as veladas musicais continuaron até a década de 1620, estendéndose de Alemaña a Suíza. En Inglaterra xa existían numerosos concertos a partir de 1640, organizados ó principio en tabernas e habitacións, onde se concretaban as sociedades musicais.

No século XVIII o concerto esténdese a Francia. En París, a Real Academia de Música tiña o privilexio de limitar a posibilidade de concertos públicos, pero nace o Concerto Espiritual e convértese un gran éxito dende 1725. Na década de 1770, xurdiron os concertos cualificados de semipúblicos: Concert de la Loge Olympique e Concert des Amateurs. Mentres tanto, comeza o desenvolvemento do café-concert, sitios en que se podía comer e presenciar espectáculos musicais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para concerto.
  2. «concierto.» Diccionario de la lengua española. Consultado el 22 de febrero de 2015.