Adam Elsheimer
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1578 Frankfurt |
Morte | 11 de decembro de 1610 (32 anos) Roma |
Lugar de sepultura | San Lorenzo in Lucina (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | pintor , deseñador , artista visual |
Catálogo crítico | Q95155009 Adam Elsheimer: paintings, drawings, prints (en) (1977) |
Profesores | Philipp Uffenbach (pt) e Hans Rottenhammer (pt) |
Alumnos | David Teniers (pt) , Paul, I Juvenel (pt) e Carlo Saraceni |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Adam Elsheimer, bautizado en Frankfurt am Main o 18 de marzo de 1578 e soterrado en Roma o 11 de decembro de 1610, foi un célebre pintor alemán do século XVII. Polo seu dominio do claro-escuro e a perfección dos seus cadriños, tivo (xunto con Caravaggio) unha carreira fulgurante, cortada por unha morte precoz en 1610, un papel determinante na elaboración da chamada pintura de historia «moderna», superando ambos o manierismo e anunciando o grande estilo barroco do XVII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun xastre, recibiu a súa formación inicial. entre 1593 e 1598, no taller de Philip Uffenbach en Frankfurt. Despois de deixar a súa cidade natal, chegou a Venecia, onde traballou con Hans Rottenhammer, aprendendo del o gusto polas pinturas sobre cobre. Desa época destaca un cadro da Sagrada Familia con anxos de 1599, conservado en Berlín, que mostran influencias, no uso das cores dos grandes venecianos (Tiziano, Tintoretto e Paolo Veronese).
En 1600 pasou a residir en Roma, converténdose ao catolicismo no 1606. Deste período é a Educación de Baco, agora en Frankfurt, unha paisaxe con figuras mitolóxicas, ligado á concepción manierista da paisaxe da escola holandesa, derivada de Paul Brill.
Nestes mesmos anos interesouse nos contrastes lumínicos que observou nas obras de Caravaggio, e máis nas paisaxes de inspiracións clásicas de Annibale Carracci e do Domenichino, buscando plasmar nas súas obras composicións monumentais, como na paisaxe con Aurora (Herzog-Anton-Ulrich Museum, en Braunschweig). De 1609 data a paisaxe nocturna da Fuga a Exipto (Alte Pinakothek, Múnic).
O nocturno de Filemón e Baucis (Dresden), cun tema tirado das Metamorfoses de Ovidio, está tratado cun ton intimista que outorga vida a un mundo fabuloso, no que os deuses son a aparición concreta do divino.
Obras
[editar | editar a fonte]Cadro | Título | Ano | Tamaño, Material | Colección |
---|---|---|---|---|
Die Hexe | sobre 1596/98 | 13,5 x 9,8 cm, cobre | Royal Collection | |
Die Hl. Elisabeth betreut die Kranken | sobre 1597 | 27,6 x 20 cm, cobre | Wellcome Library, (Wellcome Institute for the History of Medicine, Londres) | |
Hausaltar mit sechs Szenen aus dem Leben der Jungfrau Maria | sobre 1598 | 26 x 21, 12 x 10 (l+r), 10 x 21 (unten) cm, cobre | Gemäldegalerie, Berlín | |
Die Bekehrung des Paulus | sobre 1598 | 19,7 x 25,1 cm, cobre | Städel, Frankfurt | |
Der Traum Jakobs | sobre 1598 | 19,5 x 26,1 cm, cobre | Städel, Frankfurt | |
Die mystische Vermählung der heiligen Katharina | sobre 1598/1599 | 34 x 26,5 cm, cobre | Alte Pinakothek, Múnic | |
Die Heilige Familie mit dem kleinen Johannes | sobre 1599 | 37,5 x 24,3 cm, cobre | Gemäldegalerie, Berlin | |
Die Taufe Christi | sobre 1599 | 28,1 x 21 cm, cobre | National Gallery, Londres | |
Paulus auf Malta | sobre 1598/99 | 17 x 21,3 cm, cobre | National Gallery, Londres | |
Der Brand von Troja | sobre 1600/02 | 36 x 50 cm, cobre | Alte Pinakothek, München | |
Die Sintflut | pouco despois de 1600 | 26,5 x 34,8 cm, cobre | Städel, Frankfurt | |
Der Heilige Christopherus | pouco despois de 1600 | 22,5 x 17,5 cm, cobre | Ermitage, San Petersburgo | |
Judith erschlägt Holofernes | sobre 1601/03 | 23,2 x 17,8 cm, cobre | The Wellington Museum, Apsley House, Londres | |
Die drei Marien am Grab Christi | sobre 1602/03 | 25,8 x 20 cm, cobre | Rheinisches Landesmuseum, Bonn | |
Pietà | sobre 1603 | 21 x 16 cm, cobre | Herzog Anton Ulrich-Museum, Braunschweig | |
Der Heilige Hieronymus in der Wildnis | sobre 1603? (1598-1610) | 17,1 x 22,2 cm, cobre | Pinacoteca dell'Accademia Carrara, Bergamo, Italia | |
Der Heilige Hieronymus in der Wildnis | sobre 1603 | 13,3 x 16,2 cm, cobre | Propiedade privada | |
Der Heilige Laurentius vor seinem Martyrium | sobre 1603 | 26,7 x 20,6 cm, cobre | National Gallery, Londres | |
Die Steinigung des Heiligen Stephanus | sobre 1603/04 | 34,7 x 28,6 cm, cobre, prateado | National Gallery of Scotland, Edimburgo | |
Die Auffindung und Verherrlichung des Wahren Kreuzes, der Frankfurter Kreuzaltar | sobre 1603-05 | Sete táboas, cobre, prateado | Städel, Frankfurt | |
Heilige und Gestalten aus dem Alten und Neuen Testament | sobre 1605 | Serie de nove táboas, sobre 9 x 7 cm, cobre, prateado | Oito táboas en Petworth House, Petworth; unha táboa con San Lourenzo no Musée Fabre, Montpellier | |
Die Flucht nach Ägypten | sobre 1605 | 9,8 x 7,6 cm (oval), cobre, prateado | Kimbell Art Museum, Fort Worth | |
Il Contento | sobre 1606 | 30,1 x 42 cm, cobre | National Gallery of Scotland, Edinburgh | |
Die Verspottung der Ceres | sobre 1606 | 29,1 x 24 cm, cobre, prateado | Colección Bader, Milwaukee | |
Aurora | sobre 1606 | 17 x 22,5 cm, cobre | Herzog Anton Ulrich-Museum, Braunschweig | |
Tobias und der Engel („Der kleine Tobias“) | sobre 1606 | 12,4 x 19 cm, cobre | Historisches Museum, Frankfurt | |
Selbstbildnis | sobre 1606/08 | 63,7 x 48 cm, tea de liño | Galería Uffizi, Florencia | |
Apollo und Coronis | sobre 1606/07 | 17,4 x 21,6 cm, cobre | Walker Art Gallery, Liverpool | |
Die drei Reiche der Welt | sobre 1607/08 | Dúas táboas (Das Reich der Venus e Das Reich der Minerva) dunha serie de orixinariamente tres, cada unha 8,7 x 14,6 cm, cobre | Fitzwilliam-Museum, Cambridge | |
Latona und die Bauern aus Lykien | sobre 1607/08 | 16,9 x 22,7 cm, cobre | Wallraf-Richartz-Museum & Fondation Corboud, Colonia | |
Jupiter und Merkur bei Philemon und Baucis | sobre 1607/08 | 16,9 x 22,4 cm, cobre | Gemäldegalerie Alte Meister, Dresden | |
Die Flucht nach Ägypten | 1609 | 31 x 41 cm, cobre | Alte Pinakothek, Múnic |
Seguidores
[editar | editar a fonte]Son sobre todo os alemáns os seus principais seguidores: Johann König e Thomas von Hagelstein, mentres en Roma un dos que formou parte do seu círculo foi o grande Rubens. Rembrandt coñeceu a súa obra a través de Hendrik Goudt e o seu mestre Pieter Lastman. Respecto á pintura paisaxística, Elsheimer preparou o camiño para Claude Lorrain, e os paisaxistas holandeses Cornelis van Poelenburgh, Bartholomeus Breenbergh, Jan e Jacob Pynas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Elsheimer |