Ramón Pernas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1952 ![]() Viveiro, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, crítico literario, editor literario, guionista, xornalista, novelista ![]() |
Xénero artístico | Ensaio ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Milagros Frías ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Ramón Pernas López, nado en Viveiro o 4 de marzo de 1952, é un xornalista, guionista, crítico literario e escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pernas estudou Ciencias da Información e socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, colaborou como crítico literario e articulista en publicacións como Tiempo e Interviú, e como columnista en Cuadernos del Norte e na axencia OTR. Foi subdirector de Nueva Empresa e director de Actual e traballou como guionista na TVE (Si yo fuera presidente). Durante oito anos foi director editorial de Espasa Calpe. Como escritor publicou as novelas Si tú me dices ven (1996), El pabellón azul (1998), Paso a dos, pola que recibiu o Premio Ateneo de Sevilla e que tamén resultou finalista do Premio Nacional de Literatura, Brumario (2000), Libro de actas (2003) e Del viento y la memoria (2006). En Poesía (in)completa (2008) axuntou nun único volume a práctica totalidade da súa obra poética.[1]. Ademais publicou contos en volumes colectivos e escribiu con José Mario Armero o libro Cien años de circo en España, tamén é autor con José Luis Cabo e Xosé Enrique Acuña de Galicia en blanco y negro (2000).
Pernas dirixe Ámbito Cultural do grupo El Corte Inglés e colabora como articulista en xornais como La Voz de Galicia e foi presidente do Club de Periodistas Gallegos en Madrid[2] e académico da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo.
Libros
[editar | editar a fonte]- Cien años de circo en España (1985), coautor xunto con José Mario Armero. ISBN 84-239-4294-5.
- Si tú me dices ven (1996).
- El pabellón azul (1998).
- Paso a dos (1999, Premio Ateneo de Sevilla).[3]
- Brumario (2000).
- Libro de actas (2003).
- Del viento y la memoria (Espasa-Calpe, 2006).
- Poesía (in)completa (Huerga y Fierro, 2008).
- En la luz inmóvil (Algaida, 2011).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Poesía (in)completa» reúne los versos de Ramón Pernas, La Voz de Galicia, 23/12/2008.
- ↑ "Ramón Pernas, el cuarto presidente del Club". Club de periodistas gallegos en Madrid (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2018.
- ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista de Ramón Loureiro en "La Voz de Galicia". (2005)
- Entrevista de Marta Rivera de la Cruz en "Espéculo".